O contexto social e político no que se vai a celebrar este IV Congreso Galego de Comunidades de Montes, está marcado polo intento que teñen os sectores económicos urbanísticos e especultivos, amparados pola Administración Galega, de eliminar o monte veciÑal en man común, ese sinal de identidade do noso País. As veciñas e veciños comuneiros teremos que facerlle fronte a este intento no debate da nova lei de montes que trataran de aprobala nesta lexislatura política.
Neste contexto social e político, os intereses económicos, urbanísticos e especulativos, van a impedir que veciñanza comuneira, poñamos as nosas titularidades comunitarias en valor de xeito multifuncional e sustentable, pois saben ben que ese monte veciñal é o monte de futuro para os nosos intereses, os do rural e para os intereses de toda a sociedade galega.
Nesta defensa do monte veciñal e nesta posta en valor dos montes, de xeito multifuncional e sustentable, non estamos sos, xa que o monte veciñal é unha peza máis do medio rural, polo que teremos que buscar alianzas con todos os sectores que traballan no medio rural.
Por iso, neste IV Congreso Galego de comunidades de montes, queremos poñer as bases para lograr un monte veciñal multifuncional e vivo xa que é garantía de futuro, e para isto debateremos tres relatorios: Consolidación da titularidade veciñal, Monte veciñal multifuncional e vivo: defensa da terra e xeración de emprego e Alianzas para lograr ese monte veciñal nun medio rural vivo.
Mais para acadar isto, é imprescindible que a veciñanza comuneira, sexa protagonista nos debates do IV Congreso.
|