Monte Lagoa Nespereira no Val de Xálima



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Encontro co alcalde de San Martín de Trevellu 1
Comentarios (0) - Categoría: VÍDEOS - Publicado o 29-06-2011 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Encontro co alcalde de San Martín de trevellu 4
Comentarios (0) - Categoría: VÍDEOS - Publicado o 29-06-2011 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Encontro co alcalde de San martín de trevellu 3
Comentarios (0) - Categoría: VÍDEOS - Publicado o 29-06-2011 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Encontro co alcalde de San Martín de Trevellu 2
Comentarios (1) - Categoría: VÍDEOS - Publicado o 29-06-2011 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
LENDAS D'A LIMIA EN SAN MARTÍN DE TREBELLU
Comentarios (0) - Categoría: VÍDEOS - Publicado o 15-05-2011 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
LUCÍA LAVANDEIRA ESCRIBIU SOBRE A EXCURSIÓN
LUCÍA LAVANDEIRA, ALUMNA DE 1º DE BAC DO IES LAGOA DE ANTELA ESCRIBIU:

A FALA

DATAS: 14-15-16-17 DE ABRIL 2011

LUGARES: Cámping Valverde Natural, Valverdi du Fresnu, Sa Martín de Trevellu

COMPOÑENTES:

XINZO DE LIMIA: IES LAGOA DE ANTELA
OURENSE: JULIO PRIETO NESPEREIRA
CANGAS: MONTE CARRASCO

MONITORES: Ricky, Emilio, Javier, Dámaso

PROFESORAS: Carme, Luz, Remedios, Uxía e Xela

ACTIVIDADES REALIZADAS:

Paradas na viaxe: Vidago, Ciudad Rodrigo e Celorico da Beira
Visita guiada por San Martín de Trevellu
Encontro co alcalde de San Martín. Charla, intercambio de impresións e agasallos
Visita ao centro de primaria Sta Rosa de Lima de San Martín e representación de lendas e xogos con palabras co alumnado. Agasallos.
Gravacións d'A Fala.
Camiñada pola calzada romana, rebolos, oliveiras e castiñeiros.
Monta a cabalo, tiro con arco, circo e cama elástica, hoquei, badminton, xogo con paracaídas e capoeira.
Festas pola noite con karaoke e coreografía.

FRASE MÁIS SONADA: Podedes esnucarvos.

RELACIÓN COS COMPAÑEIROS: Cordialidade e respecto ante todo, non faltaron risas, bromas, plans e, por suposto, bos e divertidos momentos.

BOS MOMENTOS: risas nas comidas, andainas cheas de ledicia, natureza, algunha que outra broma, coñecer uns defensores da lingua, orgullosos do seu, comprender unha cultura tan preto en sentimento da nosa, a amabilidade da xente polas rúas...

MALOS MOMENTOS: non se me ocorren, creo que nese tempo non existiron.

VALORACIÓN PERSOAL: O orgullo de ser galega aumentou despois de ver a loita que estas localidades fan por manter A Fala, a lingua materna que os viu medrar e que é tan parecida á nosa. Ademais síntome afortunada de escoitar dúas variantes como o valverdeiru e o mañegu. Creo recordar que algúns chamaron á súa fala chapurreau. Espero repetir outro ano, por libre ou en compañía de todos vós.

LÉXICO APRENDIDO: dois, cabana, bon día, terminación en -u e emprego do "i" en lugar do noso "e".

Se xiras no cruce da dereita en Valverdi du fresnu,
chegas ao cámping Valverde Natural.
Se te afastas un pouco de Portugal,
verás a aldea de Sa Martín de Trevellu,
camiños, igrexa, barrio xudeu e escola,
ximnasio, viñas e ata un regato polas súas rúas.
Se vas a un pequeno comercio seguindo pola praza,
diranche de nós que somos galegos,
que estivemos alí compartindo segredos.
Se sobes dende o cámping monte arriba
chegas a unha piscina natural,
onde os máis valentes se atreveron a bañar.
Se vas polo cámping onde nos instalamos,
atopas capoeira, tiro con arco, cama elástica
e ata paseas a cabalo, custodiado pola pequena da casa.
Se es capaz de ir e preguntar,
resultarache doado,
non só pola cultura irmá,
nin pola Fala, semellante á nosa lingua nai.
Se es quen de preguntar por nós,
só che dirán:

"Do 14 ao 17 de abril estiveron rapazas e rapaces do IES Monte Carrasco, Julio Prieto Nespereira e Lagoa de Antela no Val de Xálima. Porque son únicos e deixaron a súa pegada."

Vamos aló! Imos de excursión: Monte Carrasco, Prieto Nespereira e Lagoa de Antela,
[presentación!
As nosas maletas van apretadas, cheas de ilusión e diversión
Levádenos alá! "Ola! Ola!!" sentides a emoción?

Dentro de nada chegamos ao destino
Entramos xa en Portugal!, toca descansar

Xa se sente no aire a riqueza do lugar
Ánimo, compañeiros! regresemos ao autocar
Lástima non dure a viaxe un pouco máis.
Imos cansos de tanto brincar
Mais baixamos no cámping frescos como a Aurora Boreal
Abrimos as maletas e colocamos as cousas. Aí empezaba a acción!

2 días de andaina, xogos e diversión, monitores e profesoras coidando de nós.
0 inimigos gañados, milleiros de recordos gardados
1 cultura coñecida, próxima, familiar e amiga
1 aventura vencida, pero nunca tratada como a derradeira.




Fotos de Uxía

Actividades varias no camping de Valverde del Fresno:

Os lugares que visitamos:


As súas xentes:


Fotos de Luz
Comentarios (1) - Categoría: ARTIGOS - Publicado o 01-05-2011 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Participantes na viaxe ao Val do Ellas
Aí vai outro aperitivo, esta vez son os participantes na viaxe:


Pero aínda hai máis, ata próxima.
Comentarios (4) - Categoría: ARTIGOS - Publicado o 25-04-2011 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
UN APERITIVO DE IMAXES
Mentres agardamos outras mostras gráficas desta excursión inesquecible aí vai un aperitivo.

Comentarios (2) - Categoría: VÍDEOS - Publicado o 23-04-2011 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
UNHAS NOTAS E FOTOS SOBRE A LIMIA
Comentarios (2) - Categoría: ARTIGOS - Publicado o 11-04-2011 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cangas
Sitúase entre a ría de Vigo polo sur e a ría de Pontevedra polo norte. Limita co océano Atlántico polo oeste, co concello de Moaña polo leste e co concello de Bueu polo norte. O municipio está formado por cinco parroquias: Aldán, Cangas, Coiro, Darbo e O Hío.
O concello de Cangas é un dos concellos do continente europeo cun maior número de praias, ten un total de 38, que van dende as máis urbanas como a praia de Rodeira ata as máis salvaxes como a de Barra. Na actualidade o concello posúe cinco praias con Bandeira Azul, distintivo outorgado pola Fundación Europea de Educación Ambiental a aquelas praias e portos que cumpren cunha serie de condicións ambientais e instalacións.

Cangas do Morrazo reivindica a propiedade das Illas Cíes, parte do Parque nacional das Illas Atlánticas e pertencentes ao Concello de Vigo, aínda que historicamente vencelladas a Cangas.

As Bruxas en Cangas
Logo da invasión otomana, entre 1619 e 1628 o tribunal da inquisición levou a cabo unha caza de bruxas. O tormento e suplicio causado a numerosas mulleres, acusadas de bruxería, foi provocada polo empobrecemento sufrido pola pequena nobreza. Para manter o seu nivel de vida, este grupo social valeuse do Santo Oficio, para arrebatar os "dereitos de presentación" que certas persoas tiñan sobre capelas e freguesías. Este dereito era exercido polos sucesores do fundador dun templo, que podían propoñer ao seu titular cando quedase vacante e participar dos beneficios que xerase. Porén, co fin de disimular este propósito, tamén foron falsamente acusadas mulleres pobres e desamparadas, moitas delas viúvas a causa da recente invasión.

María Soliña posuía dereitos de presentación en Aldán e Moaña, e foi levada a prisión en 1621. Tras sufrir tortura física e psicolóxica, a muller confesou ser bruxa desde 20 anos atrás e ter copulado co demo, que se lle presentaba en forma humana. Porén, ao mesmo tempo suplicaba clemencia, proclamando o seu arrepentimento e asegurando que nunca renegara de corazón do Noso Señor, senón só de palabra. O 23 de xaneiro de 1622 foi condenada a unha confiscación de bens e a portar o hábito penitencial durante medio ano. A súa acta de defunción non foi atopada.

Outras supostas meigas xulgadas nesa época foron Catalina de la Iglesia (que confesou matar a cinco criaturas), Elvira Martínez, Teresa Pérez ou María dos Santos.
O galego de Cangas:
Pertence ao Bloque Occidental,área Pontevedresa, os trazos dialectais máis característicos son:seseo total(faser), gheada (ghaivota), irmán, camións, muito, el, ti.
Cangas na cultura popular galega ==
* ''Vexo Vigo, vexo Cangas,/ tamén vexo Redondela;/ vexo a ponte de Sampaio,/ camiño da miña terra''.
* ''Vai chorar a Cangas!''. Dito moi coñecido no sur de Galicia, referido á profesión das "plañideiras", da que as mulleres de Cangas estaban antes especializadas.
Comentarios (2) - Categoría: ARTIGOS - Publicado o 10-04-2011 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3]
© by Abertal