|
|
| CERTAME FOTOGRÁFICO |
|
XVIII certame fotográfico Medio Ambiente
Fotografía Tema: Relacionado coa ecoloxía nos seus diferentes aspectos (fauna, flora, paisaxe, agresións...). Non se aceptarán a concurso fotografías de pitiños, niños, nin ningunha imaxe que poda implicar sufrimento ou dano dun ser vivo. No caso de imaxes en cativerio, será necesario mencionar dita circunstancia. Participantes: Estará aberto a todas as persoas interesadas no tema, sexan afeccionadas ou profesionais da fotografía. Obras: Cada participante poderá enviar un máximo de tres fotografías, en branco e negro ou cor, podendo acceder soamente a un dos premios. Non se admitirán fotografías publicadas ou premiadas noutros concursos. Tampouco se aceptarán colaxes, montaxes, fotografías pintadas nin manipuladas dixitalmente que alteren as imaxes máis alá do que se pode chegar a modificar mediante os procesos de fotografía tradicional. Tamaño: Ningunha das fotografías presentadas poderá exceder no seu lado maior de 40 cm., nin este poderá ser inferior a 24 cm. As fotografías deberán presentarse montadas sobre unha cartolina, que sobresaia, con dous únicos tamaños de 30 x 40 ou 40 x 50 cm. Os participantes indicarán o pseudónimo do autor e o título da fotografía no reverso da cartolina na que deberá montarse cada foto. No interior dun sobre pechado que leve o pseudónimo, figurarán os seus datos persoais: nome, apelidos, NIF, enderezo, teléfono, e-mail e pseudónimo utilizado.
Prazo: 23-05-08
Contía: 1º premio 900 €; 2º 300 €; 3º 150 €
Enviar a:
Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena, 202-204, 1º
CP 15402, FERROL
Información recollida da páxina web de Cultura Galega. Para máis información sobre certames podedes entrar na páxina web.
|
|
|
|
|
| A NOITE DOS MUSEOS |
|
O domingo, despois da celebración do Día das Letras Galegas, conmemórase a “Noite dos Museos”, unha efeméride que quere achegar este tipo de centros á cidadanía. A actividade común á maior parte dos museos é a de abrir as súas portas ata a madrugada estes días.
Información da páxina http//www.culturagalega.org. |
|
|
|
|
| DÍA 14 DE MAIO |
|
Nun día como hoxe, no ano 1847, faleceu Fanny Hensel Mendelssohn, compositora alemá.
No ano 1951, naceu Justine M'Poyo Kasa-Vubu, en Léopoldville, hoxe Kinshasa. É unha política congoleña.
No ano 1941 naceu Julie Frances Christie. Actriz británica gañadora dun Oscar da Academia en 1965.
No ano 1964 morreu Rachel Louise Carson. Divulgadora estadounidense que contribuíu á posta en marcha da moderna conciencia ambiental coa publicación, no ano 1962 do seu libro Primavera silenciosa.
No ano 1986, morreu Simone de Beauvoir en París. Novelista francesa, filósofa existencialista e feminista.
|
|
|
|
|
| DÍA 13 DE MAIO |
|

Naceu en 1717 María Teresa I de Austria, raíña de Hungría e Bohemia.
No ano 1907, naceu Daphne du Maurie. Foi unha escritora británica famosa polas súas novelas Rebeca, publicada en 1938 e Mi Prima Raquel, ambas levadas ao cine.
Morreu no ano 1646, María Ana de España, archiduquesa de Austria. |
|
|
|
|
| DÍA 12 DE MAIO |
|

Nace no ano 1910 Dorothy Hodgkin. Premio Nobel de Química no ano 1964. |
|
|
|
|
| DÍA 11 DE MAIO |
|

No ano 1960 saíu ao mercado a primeira píldora anticonceptiva.
No ano 1893 naceu Martha Graham, coreógrafa, bailarina e profesora de danza estadounidense. |
|
|
|
|
| DÍA 11 DE MAIO |
|
Nicomedes Pastor Díaz pubica no ano 1828 o poema "A alborada", do prerrexurdimento. |
|
|
|
|
| DÍA 10 DE MAIO |
|

No ano 1943 naceu Lucinda Worsthorne, escritora, fotografa, produtora e condutora da televisión británica.
No ano 1977, morreu en Nueva York, Lucille Fay Le Sueur, máis coñecida como Joan Crawford , en San Antonio, Texas. Foi unha actriz estadounidense.
|
|
|
|
|
| DÍA 10 DE MAIO |
|

No ano 1885 editase en Ferrol, o semanario Galicia, de ciencias, literatura e arte, integramente en galego.
Cúmprese o centenario da aparición do semanario Aires da miña terra en Bos Aires, no ano 1908.
No ano 1968 naceu formalmente en Compostela a agrupación de cantautores Voces Ceibes.
Inaugúrase no ano 1970 o edificio da fábrica de Sargadelos, emblema da posta en valor da lingua galega na empresa.
|
|
|
|
|
| DÍA 9 DE MAIO |
|

Naceu no ano 1905 Lilí Álvarez, polideportista competidora, tenista internacional, escritora, e periodista española.
Sophia Magdalena Scholl, naceu este mesmo día no ano 1921, en Forchtenberg (Baden-Wurtemberg), Alemaña. Foi executada en Munich ó 22 de febreiro de 1943. Era dirixente e activista anti-nazi do movemento Rosa Blanca na Alemaña nazi.
Glenda Jackson, naceu no ano 1936 en Birkhenhead. É unha actriz e política do reino Unido. Actualmente (2008) é membro do Parlamento Británico e pertence ó Partido Laborista.
Mercedes de Acosta, morreu no ano 1968 en Nueva York.
Foi unha poetisa hispano-estadounidense, que ademais escribiu obras de teatro e deseñou roupa.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Comentarios sobre a lectura de libros lidos pola comunidade educativa |
|
Este espazo foi creado para que todos os membros da comunidade educativa que forman parte do do I.E.S. Monte da Vila, de O Grove, podan expoñer as súas opinións ou comentarios relacionados coa lectura en todo tipo de formatos. http://centros.edu.xunta.es/iesmontedavila/webantiga

HispaLab
|
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|