A Asociación Cultural Monte Branco ten o pracer de presentarse a vostede a través deste medio. Foi sempre o noso obxectivo o achegar a cultura galega a canta máis xente mellor, e desde logo este é un xeito ideal.
Esperamos que este modesto espacio nos sirva para espallar as nosas actividades e o noso xeito de ver a cultura, e que a o mesmo tempo sexa útil para que vostede entre a coñecer a nosa Asociación.
· A Insua (R). 10 números.
· Coplas do enterro da Sabrina (P).
· Concurso de coplas Entroido-93 (P).
· Letras Galegas 1993 (R).
· Eduardo Pondal. Unidade didáctica (E). Miguel A.Mato Fondo.
· Antoloxía poética (P). Manuel María.
· Concurso literario do Antroido-94 (P).
· Poesía recadada (P). Xosé Neira Vilas.
· Esteiro do Anllóns. Caderno 1 (E). Nacho González e Xosé Manuel Santos.
· Gume. Revista de lingua, literatura e arte (R).
· Son un pasmón, peatón (NF). Bernardino Graña.
· Ardentía. Obra poética completa (P). Bernardino Graña.
· Páxinas da rexubeira de Bergantiños (P). Asunción Antelo Suárez.
· Do Caurel ao Monte Branco (P). Uxío Novoneyra.
· Terra Bárdica (R). Números 0 e 1.
· O trasno rebuldeiro ( Antoloxía de literatura infantil da Costa da Morte ) (NF). Xoán Babarro González, Concha Blanco, Fernando Cabeza Quiles, Maria Canosa Blanco, Pepe Carballude, Xosé González Reyes, Ana Maria Fernández, Xosé María Lema Suárez, Arturo Novo, Xosé Antonio Pet Posse.
· Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas (P). Marilar Aleixandre, Asunción Antelo Suárez, Xoán Babarro González, Suso Bahamonde, Pilar Beiro, Concha Blanco, Moncho Bouzas Tobío, Fernando Cabeza Quiles, Sesé Canitrot, Ana Canosa Blanco, Xosé María Casais, José Alberte Corral Iglesias, David Creus, Estevo Creus, María Xesús de la Torre , Modesto Fraga, Gus García, Rafa García, Víctor Manuel Gómez Traba, Mónica Gómez Silva, Miguel Anxo Hermida, Serxio Iglesias, María Lado, Rafael Lema, Xosé Manuel Lema, Tomás Lijó, Xosé Luis Louzán, Miguel Mato, Abel Mendes Bujeiro, César C. Morán, Xoán A. Moure, Alexandre Nerium, Elena Pérez García, Xosé Antonio Pet Posse, Héctor Pose, Susana Pose Porto, Xavier Rodriges Fidalgo, Teresa Seara, Paco Souto, Milucho Suárez Jiménez, Paco de Tano, O trasno azul dos idoiros, Xaime Trillo, Francisco Xabier Varela Varela, Martín Veiga, Miro Villare e Rafa Villar.
· 15 anos de letras (R).
· 1 As penurias dun amor (N). Asunción Antelo Suárez.
· CD "Boa Xera".
Categoría: Publicacións - Publicado o 07-11-2007 17:48
E con el veuse cumplida unha gran aspiración dos veciños do Couto. O asunto xa vén de hai tempo. Vexamos.
En Maio do 83 preséntase no Concello un escrito coas firmas duns 200 veciños, solicitando a compra dun solar.
No período de tempo que vai de 1.983 a 1.986, non se esqueceu o asunto pola nosa parte. Non houbo xuntanza no Axuntamento na que nós participásemos, na que non se falase do asunto e incluso o Sr. Alcalde tivo unha xuntanza cunha comisión de veciños no Couto.
Foi no ano 1.986 cando se convocou unha Asamblea de veciños, a máis numerosa das celebradas ata agora na parroquia, e decídese facer un escrito coas firmas dos veciños e asimesmo solicitar unha entrevista co Sr. Alcalde. Con tal fin fórmase unha comisión composta por 10 veciños. Contestóusenos que só se nos podería dar unha parte do que se solicitaba.
Así foi como se convocou unha nova Asamblea onde se decidiu pedirlle a cada casa a cantidade de 5.000 pts que serían cobradas pola Comisión a partir de Xulio do 86, cunha extraordinaria colaboración por parte do vecindario.
No mes de Setembro concédesenos unha subvención do Concello de 400.000 pesetas.
Xa cos cartos xuntos e despois de múltiples atrancos para merca-las fincas (que eran tres), plantéxaseno-lo problema da escritura das mesmas. Os veciños que estaban escaldados co tema do Campo de Marico, queren que se faga a nome dos veciños. Consultado sobre o asunto o Notario infórmanos da gran dificultade de que poida escriturarse desa maneira, terían que estar presentes no momento da firma tódolos veciños. Levouse isto a unha Asamblea e alí decídese por unanimidade escritura-lo solar a nome da Asociación Cultural Monte Blanco, continuando a Comisión anterior para os temas relacionados co solar.
Categoría: A nosa Casa - Publicado o 07-11-2007 17:35
Así comenzou a Asociación "MONTE BLANCO" no ano 1.982, sen un camiño feito pero con gañas de camiñar polo eido da cultura.
Andando andando, fixemos un atallo, logo gracias á axuda de xente desinteresada foise construíndo unha estrada e hoxe coa aportación de veciños e de institucións, podemos chegar a abrir unha autopista con vías para todo tipo de vehículos e camiñantes e cun único combustible: A UNIÓN PARA UNHA CAUSA COMUN: ACADAR UN LOCAL ONDE:
Os cativos, mozos e vellos poidan xogar, aprender, ler, representar, falar... E todo iso nunha casa DE TODOS E PARA TODOS.
Como proba palpable da realidade desas ilusións enviámoslles este artigo publicado no xornal.
Acudimos a vostedes para pedirlles unha PEQUENA APORTACIÓN (económica ou material) para UNHA GRANDE OBRA: "A CASA DOS VECIÑOS"
Tamén como proba da realidade do noso agradecemento publicaremos nos medios de comunicación e no noso Concello a relación de entidades ou particulares colaboradores na construcción dun local onde poder realiza-las actividades habituais e MOITAS MÁIS
¡ GRACIAS POR TODO !
A directiva da Asociación Monte Blanco
(en representación dos veciños)
Categoría: A nosa Casa - Publicado o 07-11-2007 17:34