Bárbara é holandesa e nai dunha alumna do noso centro. Hai dous anos que vive con nós e falou, en galego, con Lorena e Jessica de moitas cousas.
Aquí tedes só unha das gravacións que saíron desa interesante conversa.
Bárbara fala aquí da relación que aínda mantemos os galegos e galegas coa terra. Un coñecemento que debiamos compartir e do que debiamos sentirnos orgullosos.
No mes de xuño os alumnos e alumnas de 4º da ESO deixáronnos, na súa voz, algunhas poesías de lois Pereiro. Logo escolleron algunha música, entre as que o poeta adoitaba escoitar.
Esta son algunhas propostas. Hai outras 12 que, pouco a pouco, mostraremos aquí.
Xa tedes aquí O Berro deste curso.
É o mesmo que vos demos impreso, só que a cores e dividido en tres volumes.
Os deseños da capa e a contracapa son de Séchu Sende. Fíxonolos en febreiro nos exemplares de Made in Galiza e Animais que temos na biblioteca.
Ao longo deste mes iremos colgando algúns outros traballiños do Equipo para compartilos con tod@s vós.