MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Máis vídeos da Galinha Pintadinha no Galeoke
Tamén nos quedaban por subir os vídeos da última sesión especial da Galeokada, na que se uniron aínda máis alumnas e alumnos. Aquí os tedes:

FUI AO MERCADO:


MARIANA CONTA:


PINTINHO AMARELINHO:


Comentarios (1) - Categoría: Galeokada - Publicado o 28-06-2012 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
MOITA POESÍA, POUCA DIVERSIÓN
O 22 de xuño tivemos a última actividade do Equipo, un fantástico recital? poético e musical con Lucía Aldao e María Lado.
Comezaron coas palabras que Salomé usou para seducir a Xoán Bautista, segundo Oscar Wilde e a poesía PAXAROS E MACEIRAS, do libro de María Lado Amantes.

Namórame o teu corpo, Iokanaan. O teu corpo é branco como os lirios dun campo que nunca coñeceu gadaña. O teu corpo é branco coma a neve, que se deita sobre os montes de Xudea e escorre despois ata os vales. Nin as rosas do xardín da raíña de Arabia, nin os pés da alba cando se pousan nas follas, nin o peito da lúa cando se deita no peito do mar... Non hai nada no mundo tan branco coma o teu corpo. Déixame tocar o teu corpo.

Así seduce Salomé a San Xoan Bautista, segundo Oscar Wilde

PAXAROS E MACEIRAS

da mesma maneira en que os paxaros
seducen as maceiras
é dicir, esforzándose en acrobacias
insinuando as caricias que saben facer
coa punta das ás, despregándoas moito

e da mesma maneira en que as maceiras
cortexan os paxaros, tremendo levemente
cobizando a estrema das follas
milésimas do roce dos animais en voo,
ofrecéndolles, en brazos acolledores, apouso

desa maneira, é dicir, bicando a froita
apenas co peteiro
sen descolgala tan sequera dos beizos da árbore
só tomando o bocado xusto, o máis gorentoso
dese modo, nos amamos

desa maneira en que se manteñen firmes as maceiras
botando raíces na intención
esa en que os paxaros
beliscan a froita
pero nunca chegan a comela por completo.

MARÍA LADO, Amantes, Caldeirón, Malpica, 2011

Lucía canta unha versión do Suzanne de Leonard Cohen. Aquí tedes a letra desta canción e a súa tradución ao portugués



Tamén puidemos facer a nosa propia poesía, Chove en amarelo, con versos doutras poesías:

CHOVE EN AMARELO
“Aos alucinados nas caixas da soidade” Walt Disney


E tres mil romarías de San Roque
Xa che imaxinaba, estreñida e rugosa, pequena Peter Pan
Proxéctate bravú no nervio e na tractorada
Abondaría con que aprendeses a ser madriña de Branca Neves
Pequena Peter Pan,
Erotízate nos soutos
E tres mil romarías de San Roque



E o último poema, que nunca o derradeiro, aos que enchen a casa nova, grazas:

Comentarios (0) - Categoría: Poesía... e máis - Publicado o 28-06-2012 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE HIP HOP
Recuperamos algúns dos vídeos das actividades deste curso.
Unha das mellores foi esta.
García Mc, de Dios ke te Crew e Labregos do Tempo dos Sputniks, en Maside o 20 de decembro de 2011 nun obradoiro de HIP HOP.
Aquí podedes ver algúns vídeos do que realizou co 2º ciclo de Secundaria:

Obama, vaite para a cama:



Fantástica a letra. “Activistas é o que queremos... non ao mercado capitalista... grafitti nos muros e rimas reais” entre outras máis:



Agora os raps do alumnado. Primeiro Naufel e Iván de 3º (xeniais). Despois os de 4º:

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 28-06-2012 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player