Aquí tedes a montaxe que pasamos no festival.
Se queredes descargala, aconsellámosvos instalar o complemento de Firefox Downloadhelper. É moi fácil.
Para coñecer as fotos premiadas, haberá que esperar a que saia a revista. Falta pouco.
Este venres (3 de xuño) ás 20:30 e as 23:00 o Cibne Clube do Carballiño pasa o filme galego Os Crebinski. Alguén recorda a curta que vimos no cole? Haberá tamén un pase no sábado 4 de xuño (ás 20:30).
Podedes acceder a tráiler e outras informacións no blogue recén estreado do Cine Clube (de onde copiamos a sinopse da peli)
As choivas torrenciais provocan a crecida do río, que asolaga un pobo. A corrente arrastra aos irmáns Crebinsky e a súa vaca, que aparecen milagrosamente vivos nun lugar da costa. Alí crecen, ao pé dun faro, a base de sobrevivir recollendo cousas que trae o mar, as crebas. Illados dos acontecementos bélicos que os rodean, crean o seu propio mundo: un universo particular de realismo fantasioso.
O ritmo cotián da súa convivencia coa vaca Muchka vese alterado cando esta desaparece. Entón os irmáns inician unha busca desesperada que os levará dende a costa ata o interior.