MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Labreg*s do tempo dos Sputniks

Temos concerto no Multifuncional do Carballiño o 30 de maio...

Así se presentan As Labregas (usamos o feminino xenérico, por certo) no seu FB:

“Música para espabilar conciencias.

Grupo guerrilla.

Rapeiro, punkeiro, enxebre e irmandiño.

Verdades coma puños e moita rebeldía".



O proxecto das Labregas nace no ano 2007, e estaba formado por Leo, coñecido polo seu proxecto persoal de Leo i Arremecághona; O García, coñecido por ser o MC do grupo Dios ke te crew e Vero, percusionista dos míticos Xenreira. Na recente actualidade, Lydia Botana substitúe a Vero na batería.

Aquí tedes tamén unha entrevista ao Leo na TVG, unha a Lydia no GZ Música e o paso de García o ano pasado polo noso cole para facer un obradoiro de RAP.


Deixámosvos no móllate versións grandes de grandes poetas como Celso Emilio Ferreiro (o nome do grupo é un verso do poeta de Celanova.
Aquí tedes O meu reinado, de Celso Emilio, e Estarei, de Lois Pereiro.

Tamén músicas convertidas en himnos de loita (como o Comandante Rebeldía); de Fuxan os Ventos, como esa magnífica Cantiga para unha Antroidada na porta do clausurado Panteón de Galegos Ilustres onde di o García “Pretenden borrarnos da historia, desprezándonos, humillándonos”...
Músicas que falan de nós e de revolucións e de portas pechadas de patróns fronte ás portas abertas do pobo traballador, como Un vento vén, de Xulio Formoso. Aquí tes o vídeo con Séchu Sende na manifestación de Galiza nom se Vende.

Poderiamos meter moitos, moitos vídeos. Das Labregas ou doutras formacións nas que andan envolvidos: DKTC, Leo i Arremecághona,
Investigade e escoitade.

Porque estes músicos están para que non nos borren. Para falar do que nos está pasando agora, como esa intención de converter Galiza nunha mina a ceo aberto. Destruíndo o noso territorio, queimándonos. Por iso tamén vos deixamos este vídeo onde Lydia Botana canta para pedir o noso apoio en contra da megaminaría selvaxe.
ESCOITADE BEN porque, como xa alguén dixo neste ano, "Posiblemente As Labregas sexan unha das revelacións musicais deste verán e, se non o son, deberían de selo.
Hai anos, algún atrevido deu ao punk por morto. Quen diría que unha rapaza na batería, un rapeiro e un cantautor ían negar esa sentenza de morte. 
As Labregas ao vivo son puro punk: música sinxela, enérxica, provocadora, poética, reivindicativa, necesaria, que fai espertar as conciencias e prende lume nos corazóns, así é a música das Labregas e así son as Labregas".

Música para as vosas conciencias.

PARA ESPERTAR AS CONCIENCIAS.
Comentarios (4) - Categoría: Música - Publicado o 30-05-2013 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
A Torre do Reloxo

Esta foto foi sacada no parque de Santo Antonio, Maside. Nela pódese observar a Torre do Reloxo pola parte de atrás. Escollín esta foto porque a torre ocupa un importante lugar nos meus recordos da infancia. Ata os 14 anos vivín enfronte dela, nun pequeno piso. O meu antigo cuarto tiña un balconciño que miraba cara á grande e maxestosa torre. Todas as noites que non daba conciliado o sono miraba para a torre, pois imaxinar que subía por ela xunto con pequenas fantasías axudábame a durmir. As luces laranxas que se ven de noite dobran a súa beleza.
Cando mudei de casa, unha das cousas que máis estrañei foi non poder ver polas noites a fermosa torre, pero iso non fixo que deixase de imaxinar estar enriba dela e poder ver así o anaco de terra galega ao que nós chamamos Maside…

Se queredes ver información sobre esta torre, picade aquí.


Pedro Botana (4º ESO)
Comentarios (1) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 28-05-2013 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
Coa nosa lingua descubramos o pracer que nos agochan!

Comentarios (2) - Categoría: Haikus - Publicado o 28-05-2013 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Conexión

Pedras que tenden
pontes de entendemento
en unión tenaz.


Ana R. Barreiro (adultas)
Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 28-05-2013 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
Os latexos do meu corazón funcionan coa túa voz
Comentarios (0) - Categoría: Haikus - Publicado o 26-05-2013 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Xunt@s falemos. Quero a túa lingua dentro da boca

Comentarios (0) - Categoría: Haikus - Publicado o 26-05-2013 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa lingua é a lingua do pobo. Defendámola!

Comentarios (1) - Categoría: Haikus - Publicado o 26-05-2013 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Falei e souben que todos os destinos me apaixonan.

Comentarios (0) - Categoría: Haikus - Publicado o 21-05-2013 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Cando estamos xunt@s sinto vontade da túa lingua.

Comentarios (0) - Categoría: Haikus - Publicado o 21-05-2013 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Bícame libre, xoguemos coa lingua. Falemos alto.

Comentarios (0) - Categoría: Haikus - Publicado o 21-05-2013 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player