Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas. |
|
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense). |
|

|
Quen somos? |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Carlos Negro |
|
 O xoves 23 de abril veu a varias escolas da comarca un escritor galego chamado Carlos Negro.
Na miña clase lemos os libros Penúltimas tendencias e Makinaria e inspirámonos neles para gravar unha curta.
Nesta curta queriamos facer ver como os estereotipos que a sociedade marca inflúen en nós mesm@s, sobre todo agora na adolescencia, e nos converten en monicreques dunha sociedade na que todo o mundo, por un estraño motivo, quere encaixar; en lugar de sermos persoas que teñen o seu propio criterio.
Pero, estar nunha sociedade estereotipada, onde o físico vale máis que a persoa en si, realmente paga a pena?
O que nós representamos na curta é que os estereotipos e a sociedade ás veces nos arrastran, por algún que outro estúpido motivo; pero sempre temos a opción de rebelarnos, escapar diso, de dicir ?XA NON QUERO SER UNHA ESTÚPIDA MARIONETA?, de fuxir, de romper con todo iso.
Máis que unha pequena homenaxe ao escritor, é un vídeo que dá moito para pensar.
E cambiar está en nós mesm@s, está nas nosas mans ser libres ou vivir pres@ dunha marioneta, dirixida polos estereotipos.
E recordade, un cerebro vale máis que unha chea de músculos e caras bonitas, rapazas; e que un cu, un par de tetas e o ventre plano, rapaces.
Colocaremos a ligazón ao vídeo en canto estea subida á rede.
Se premedes nesta ligazón, podedes ver fotos do día.
Andrea S.M Breia ?Andy?
4º ESO |
|
|
|
|
|