Grazas ao blogue da Associação José Afonso podemos acceder a un fragmento do documental Maior que o pensamento, emitido nesta semana na RTP sobre o Zeca Afonso.
Recomendámolo, evidentemente:
Unha das figuras fundamentais da música portuguesa foi José Afonso, coñecido tamén por Zeca Afonso.
Poderedes investigar sobre a súa música na exposición que estamos preparando para as actividades da próxima semana.
Xa estades escoitando e lendo nalgunhas aulas o Grândola vila morena, música que acabou por converterse nun símbolo da loita contra a opresión da ditadura de Salazar e da revolución dos cravos (25 de Abril de 1974) que puxo fin a esa ditadura.
O Zeca cantou esta música por 1ª vez en Santiago de Compostela, nunha viaxe a Galiza en maio 1972.
Nesa viaxe a 1ª cidade galega na que cantou foi Ourense.
A relación do Zeca coa Galiza foi constante e estreita. El dicía que era Galiza o lugar onde mellor o comprendían.
Esa relación deu fermosos froitos. Un exemplo é a música que o José Afonso nos regalou para uns versos galegos.
Aquí vos deixamos o Cantar Galego do Zeca...para que disfrutedes:
É um retrato de Portugal e dos Portugueses de hoje, que melhor se compreendem se olharmos para o passado, para os últimos trinta ou quarenta anos.
(...) Mudar de vida: O fim da sociedade rural
A sociedade contemporânea, urbana, era ainda há pouco tempo rural. Mudou muito depressa.
Muitos portugueses emigraram, a maior parte saiu das aldeias e foi viver para as cidades e para o litoral. O campo está despovoado. As cidades cresceram. As estradas aproximaram as regiões. Nas áreas metropolitanas, organizou-se uma nova vida quotidiana. Há mais conforto dentro das casas, mas as condições de vida nas cidades são difíceis.
Esta é a presentación que a RTP fai desta reportaxe que recomendamos:
O Instituto Camões ofrécenos esta páxina que pode sernos moi útil para achegarnos á lingua portuguesa de varias maneiras.
A páxina aparece dividida en varias seccións. Pica aquí para acceder a ela
Recomendamos dúas delas: Aprender e Conhecer.
Aprender aparece dividido en.
1-a brincar: con xogos de lingua
2-a ler: onde poderás ler (e escoitar) libros, contos,...
3-a ouvir
4-a falar
Na sección Conhecer recomendamos visitar a Biblioteca Digital Camões (onde poderás ler en liña e, nalgúns casos, imprimir e copiar moitas obras portuguesas. Recomendamos tamén a visita ás súas bases temáticas (historia, literatura, música,...)
Deixámosche un acceso á súa páxina na RTP (Radio televisión portuguesa) para que poidas coñecelos.
A páxina está dividida en varias seccións:
A.Histórias dos patinhos (aventuras)
B.Jogos dos patinhos (se picas nesta sección poderás xogar con eles)
C.Estúdio de son do Patolas (desde aquí poderás escoitar tres músicas moi, moi coñecidas: Vamos dormir, Noite feliz e Machadinha. Recomendámoschas)
D.Desenhos dos patinhos: Poderás pintar os debuxos
A campaña Orgullosos do Galego, da Coordinadora Galega de ENDL, vén de recibir o premio Mestre Mateo á mellor obra publicitaria.
Parabéns polo premio e grazas polo traballo que realizades e que tanto nos axuda a desenvolver o noso cada día.
Pois iso: orgullosos do noso, orgullosos do galego e orgullosos de Valentina e Román que tamén se acordaron dos que cada día, nos centros de ensino, continúan coa teima de que os alumn@ galeg@s se mollen coa nosa lingua.
Agora que remata un longo trimestre de invernía e que nos dispoñemos a gozar de vacacións e primavera, Séchu Sende agasállanos cunha fermosa reflexión que non podo deixar de recomendar e cuxa ligazón adxunto. Sexa a miña pequena homenaxe a todos/as os que estimularon en min a curiosidade, a todos/as os que cada día nos animan a pensar, a esas profesoras e profesores que nas aulas, nos claustros e na vida ensinan coa súa palabra e coa súa conduta.
El Puto Coke reivindica a lingua do país no seu novo tema, ‘GgAaL-EGO’
O vigués Jorge Céspedes, aka El Puto Coke, está considerado como un dos grandes referentes do hip hop a nivel estatal. No seu último traballo, GgAaL-EGO, o músico e produtor embárcase nun proxecto audiovisual dirixido por Juan Salgueiro onde fai unha firme reivindicación da lingua do país. “Trátase de reivindicar o noso, pero, sobre todo, de transmitir que, ante todo, o galego é práctico nun mundo onde o portugués é falado por 256 millóns de habitantes”, apunta o mc.
“Pondal, Rosalía, Curros... é un homenaxe aos poetas e a lingua de Galicia, a un idioma que El Puto Coke, fillo de catalán e de vasca, considera que é marabilloso para rimar”. O que así fala é Juan Salgueiro, o director do videoclip de GgAaL-EGO. Para el, o artista vigués “intentou eliminar ese absurdo e estraño complexo que as veces hai sobre o galego”, cuxa desaparición simboliza o intenso “movemento” que transmite o vídeo.
A este respecto, El Puto Coke considera que “despois de estudar a Historia de Galicia”, chegou á conclusión de que a situación actual da lingua débese a que “somos tan potentes que necesitan caparnos”. “O galego non é un idioma para os románticos, como se adoita dicir; pode que o sexan o vasco, ou incluso o catalán, porque son linguas limitadas ás súas areas de influencia, e pódoo dicir porque son fillo de catalán e de vasca, pero o galego non o é, grazas ao portugués, ao que deberíamos achegarnos moito máis. O catalán e o vasco non teñen a utilidade do noso idioma e, non obstante, o galego non está tan valorizado como o catalán”, indica o artista vigués”