O ENDL do CPI Terras de Maside está organizando por segundo ano, en colaboración coa biblioteca e outros departamentos do centro, unhas xornadas sobre a lusofonía.
Inserido nestas xornadas, ofrecemos ao profesorado, familias, ex-alumnado e demais membros da comunidade educativa un obradoiro de portugués chamado OPS (O Portugués Simple).
O obradoiro realizarase o día 17 de abril ás 17:00 no centro.
Ese mesmo día, en horario de mañá, o alumnado de 3 e 4 de ESO realizará o mesmo obradoiro.
Algunhas cuestións sobre o OPS:
Que é?
Ops! é o que exclamamos quando nos apercebemos de algo que já sabíamos.
Ops! é um ateliê para mostrar que o galego é: uma entrada privilegiada para aceder ao mundo em português e a nossa vantagem competitiva no quadro espanhol e europeu.
Porquê?
Para pôr em valor a língua da Galiza, fazendo ver a sua potencialidade e contrabalançando os preconceitos que a subvalorizam.
Por que o português é a sexta língua mais falada no mundo, oficial em 4 continentes e 8 países, sendo um deles o Brasil, potência emergente.
Por que o plurilinguismo vai ter cada vez mais valor, promovido pela globalização e as instituições políticas (a começar pela União Europeia).
Por que em épocas de crise, é quando é mais preciso afinar onde vamos investir os nossos recursos e depositar a nossa atenção.
Como?
O ateliê tem uma duração de 100 minutos.
O relator expressa-se em português de Portugal ou do Brasil e incide-se em que tal ação seria inviável em Madrid ou Barcelona.
A interação com os alunos e as alunas é alta facilitando o seu envolvimento para que integrem os diferentes aspetos da exposição.
O suporte base serão várias apresentações em Office Impress e a Internet e terá grande peso a interação com os alunos e alunas. Todos os textos estão em português.
Para consultar o programa íntegro das xornadas, preme aquí
Para inscribirse neste obradoiro do día 17 de abril (familias, ex-alumnado, profesorado..) só hai que encher esta ficha e devolvela ao centro o venres 30 de marzo. Tamén se pode enviar un correo electrónico a mollatecoalingua@gmail.com co asunto OPS FAMILIAS e os seguintes datos:
Nome persoas inscritas:
Teléfono de contacto:
Correo electrónico (optativo):
Em Maside começamos amanhã, e até o 17 de Avril, as nossas II Jornadas da Lusofonia!
O inicio das xornadas virá marcado polo concerto de Aline Frazão, Ugia Pedreira e Fred Martins no Auditorio do Carballiño. Será as 10:45 e iremos con alumnado doutros centros da comarca.
De tarde, Aline Frazão visitará o noso centro para facer unha fantástica viaxe a África co alumnado de 5 e 6 de Primaria. A actividade chámase Cacimbo e podes ver en que consiste, premendo aquí.
Noemi Pinheira pechará as xornadas o 17 de abril con dous obradoiros OPS (O Portugués Simples) un será de mañá, para alumnado de 3 e 4 da ESO. Tamén haberá ese mesmo día un OPS fóra de horario lectivo para profes, familia e ex-alumnado.
Entre o 28 de marzo e o 17 de abril haberá: pases de filmes, exposición de libros e cartaces, audicións de músicas, unha sesión especial do Galeoke de cada semana (o 13 de abril).
Tamén iniciaremos un intercambio cunha Escola de Ensino Secundário do Miratejo, ao pé de Lisboa. Alí comezaron este curso a tratar dun horto, a ver se nos poden axudar co que queremos facer aquí.
O día 28 de marzo poderemos escoitalos ao vivo no Auditorio do Carballiño.
A angolana Aline Frazão, o brasileiro Fred Martins e a galega Ugia Pedreira celebrando a lusofonía.
Preme sobre os seus nomes para accederes a información na net.
Tamén vos deixamos algunhas das letras (que podes ver aquí ou imprimir)
E os vídeos, para ouvir e cantar.
Estade pendentes de mollatecoalingua, que colgaremos máis cousas.
Cando miro esta foto (entre outras) sempre me lembro de Demetria, unha señora que vivía no meu pobo de Teimende e que lle gustaba moito o teatro.
Cando chegaba o primeiro domingo do mes de maio, dentro da igrexa e despois da misa representábamos obras de teatro e poesías dedicadas á Virxe. Ese día aparecía dentro da igrexa (por certo, moi pequena ) un escenario feito con mesas.
Lembro, tamén, ir á súa casa non sei cantos días á semana para memorizar e ensaiar as obras e poesías.
Que felices éramos ese día sentíndonos protagonistas e todo o mundo dándonos os parabéns.
Agora, dende a distancia, doume conta do enorme agradecemento que lle debemos a esta persoa, que dun xeito altruísta dedicaba aos nenos e nenas do pobo.
Loli Casares