MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GUADI GALEGO, GUILLERME FERNÁNDEZ E XABIER DÍAZ AO VIVO
O martes 5 de abril poderemos escoitar boa música galega ao vivo.
Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xabier Díaz estarán no Multifuncional do Carballiño, a partir das 11:30 da mañá nun concerto para alumnos/as do Carballiño, Cea e Maside.

Aínda que ningún deles necesite presentación, podedes investigar nas ligazóns os múltiples proxectos nos que participaron ou participan con outros músicos:
Guadi Galego: a forza dunha artista luminosa,(entrevista na que fala de Benzón); páxina web do disco
Guillerme Fernández, biografía
Xabier Díaz, o seu espazo
Berrogüetto
Tres peixes voando
Espido...

Como vedes, do mellorciño do país, no Arenteiro.

Non todos os que quixeran poderán ir ao Auditorio de mañá, pero si poden achegarse ao café cultural Auriense para escoitalos esa mesma noite ao vivo.

Só vos deixamos esta magnífica versión do Astronauta Lírico de Víctor Ramil, grazas á canle merlindasroseiras.(Se o vedes no youtube, poderedes acceder á fermosa letra do autor brasileiro)
Se navegades pola internet encontraredes cousas ben, ben interesantes.


Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 31-03-2011 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
LEAVE THE KIDS ALONE
O blog "Friol:Algo máis que pan e queixo" (www.terrasdefriol.blogspot.com ) recuperou esta reportaxe, emitida pola TVE a fins dos setenta, que reflicte a vida dunha escolar no Friol desa época.




Hai un tempo que me recomendaron este vídeo. Triste, pero esclarecedor documento desa educación exterminadora que padecemos os galegos e galegas da miña xeración. Triste tamén porque, despois de corenta anos, a escola do século XXI, esa educación 2.0, continúa contribuíndo a ese exterminio.

Dun lado, unha mestra fala do "grave problema de bilingüismo do alumnado, da súa falta de vocabulario, que se contestan con monosílabos ou quedan calados...".

Do outro lado, Manolito, de ollos espelidos, enchido coñecedor de todas as casas da aldea, mentres outra mestra non deixa de marealo coa diferenza entre "pueblo" e "aldea".

Dun lado, mulleres mestras, viradas de costas; do outro, mulleres nenas, que serven a mesa e coidan do pai e dos irmáns... Nenas que queren ser enfermeiras, mestras,... e fuxir.

Que cal é a diferenza entre pobo e aldea? Na lingua destes nenos, a nosa, pobo é Manolito e todos os que con el conforman un sólido tecido construído pouco a pouco coa sabedoría do tempo e da terra na que viven.

Esa terra é a aldea, o lugar onde estas mestras traballan , lugar que ignoran e destrúen. Igual que destrúen o pobo que asenta nela. Porque Manolito coñece todas as casas da aldea e elas...que coñecen?

Non sei se a escola deixará de ignorar, destruír e contribuír á desaparición dos pobos. Tampouco sei como levan resisitindo nas aulas galegas algúns Manolitos de ollos espelidos.
Só sei que, no trinta aniversario da creación de The Wall, de Pink Floyd, sinto a irrefreable arroutada de coller ese martelo xigante e golpear o muro.


Beatriz Fernández
Comentarios (3) - Categoría: Opina sobre isto - Publicado o 28-03-2011 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
NO BALCÓN

Nada me gustaba máis que comtemplar as vistas dende o balcón e eu correspondía ás vistas e tamén podía ser contemplado.

Javier
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 28-03-2011 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
FESTAS EN MASIDE

Foto á carón do anuncio de festas de Maside. Indagando que días hai festas en Maside para ir botar un baile.


Javier
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 28-03-2011 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
INVESTIGANDO

A miña curiosidade non ten límites...xa de pequeno me gustaba indagar.


Javier
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 28-03-2011 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
EN SUÍZA

Celebrando o meu primeiro Nadal nun país estranxeiro.
Estou coas miñas irmás, meus pais e uns tíos.


Javier
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 28-03-2011 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Kelly, Noemí e o seu traballo de campo
Aquí tedes outra entrevista realizada por Kelly e Noemí para o súa "investigación".
Neste caso falan con Vanesa, a profe de Educación Física, que reflexiona sobre a razón pola que lle custa tanto falar galego.

A Vanesa gustaríalle poder expresarse en galego como o fai en castelán, así que... temos que axudala entre todos e todas.

Coa nosa axuda e a súa vontade, seguro que o consegue.

FORZA!




Comentarios (1) - Categoría: Os nosos vídeos - Publicado o 16-03-2011 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
Na tele do Carballiño
Estas son as promocións que emitiu a tv local do Carballiño no mes de maio.
Queres preparar algunhas para este ano?
Fala con nós e dinos o que pensas.

Comentarios (1) - Categoría: Os nosos vídeos - Publicado o 16-03-2011 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
AMIGOS

Naquela época estes eran os meus mellores amigos, naquel lugar onde estivemos vivindo un ano.
Un era de Córdoba, outro de Huesca, outro era vasco, tamén había un de Zaragoza o último era de Madrid, e eu de Ourense, subido enriba do “coche” que me prestaban para andar polos montes xogando ás guerras.

Todos estabamos alí á forza. Comiamos do mesmo, vestiamos igual, deitabámonos e levantabámonos á mesma hora… etcétera. Pero quen pillara os vinte aniños que tiña daquela!! Iso e máis os meus amigos, son o que boto de menos!!

Coches. Hoxe hainos que corren máis, e aquel andaba pouco, é malo de aparcar no centro de Carballiño e consumía moito, e ó prezo que está o Gasoil!! Aínda que tería unha vantaxe, e é que a grúa municipal non mo levaría!


Cándido Rodríguez (pai dunha alumna)
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 14-03-2011 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
No Ecuador

Nesta foto está a miña familia: miña nai, as miñas tías e as primas das miñas tías. Foi tomada en 1986.
Están en Guayaquil, nunha aldea que se chama o Cerrito, no Ecuador.

Por detrás vese un “rancho" (alí chámase así a un cortello de porcos)
Ningún dos que está na foto vivían nese momento alí, xa que foran vivir á cidade. Estaban alí de visita.

Agora todas esas persoas da foto viven en Guayaquil, excepto a miña nai, que veu para Galiza fai 12 anos..

Eu pasei sete anos da miña vida vivindo en Ecuador, ata que cheguei a Ourense, onde vivín 4 anos.
Agora levo vivindo 5 anos no Lago.

Cando cheguei aquí adapteime moi ben. Eu irei ao Ecuador de visita, pero sempre vivirei en Galiza.


Andrés 3º PDC
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 13-03-2011 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player