MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Que pasa ao saírmos de aquí?
Cando me propuxeron escribir sobre o que supón o cambio de instituto, non dubidei en contarvos o meu caso en particular, xa que penso que reflicte o que moi a miúdo lles sucede a moitos estudantes coma nós, en todos os recantos do mundo.

Pois ben, eu, como moitos xa sabedes, rematei a ESO aquí, co CPI de Maside, e decidín continuar os meus estudos de bacharelato noutro centro, xa que non tiña posibilidade de continuar neste.

Ao comezo do curso sentíame moi soa, perdida en cada recuncho do meu novo centro, xa que non coñecía as instalacións. Cando tiñamos que cambiar de aula, eu seguía os demais, porque non sabía onde estaban.

O profesorado tamén me era descoñecido e algunhas materias tamén. Claro que o das materias depende da opción de bacharelato que vaiades escoller.

De algo que si vos podo advertir se queredes continuar os vosos estudos, é de que o cambio de nivel é moi grande. Xa non é suficiente estudar os días anteriores aos exames (algo ao que moit@s estades acostumad@s) senón que un bacharelato, sexa cal sexa a opción que escollades, precisa de varias horas de estudo diario. Con isto non quero asustarvos, senón todo o contrario, animarvos a que sigades adiante porque sempre é agradable volver a vista atrás e ver todo o que conseguiches ata o de agora, e ao mirar cara adiante sentídesvos, coma min, orgullos@s do voso esforzo e con vontade de continuar...

Iso si, cómpre que levedes un horario regular porque o madrugón é grande (eu levántome ás seis)e pode que vos entre o sono nalgunha clase.


Pensádeo e animádevos!! Moita sorte.

Lorena
Comentarios (0) - Categoría: Alumnos/as - Publicado o 08-03-2009 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
O traballo é como o amor
O día 5 de febreiro achegouse ao noso CPI Xosé, un monfortino especialista en relacións laborais, para falarnos das condicións que atoparemos nos nosos futuros traballos (sempre que antes non nos toque a lotaría).

Entre outras cousas deunos información sobre as diferenzas entre os tipos de contrato (de formación, obra, indefinidos, temporais, verbais, escritos...).

Achegounos modelos de cada un deles e apuntou as consecuencias de certas prácticas laborais inadecuadas como cobrar menos do que figura na nómina, cobrar en negro, non fixar por escrito as condicións do contarto, asinar papeis en branco...

En definitiva, parece que no traballo, como no amor, todo é moi bonito ao principio, cando estamos desexando traballar e aceptamos todo o que nos ofrezan como un regalo. Pero co paso do tempo se cadra xorden novas necesidades e intereses...

Aprendemos bastante, a charla foi animada e divertida. Chegará o día de levar á práctica o que aprendemos.
Comentarios (1) - Categoría: Eventos - Publicado o 08-03-2009 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player