Alba María fala de Carmiñas, Carolinas e Penélopes nesta música que escolleu Arlet. A música aparece no disco Aínda, gravado en 2015 e é froito de a autora ter gaño o I Certame de Canción de Autor en Galego do concello de Teo.
Aquí tedes unha ficha coa letra e un dos vídeos no que aparece esta música.
Podedes consultar a seguinte ligazón sobre a autora e tamén vos recomendamos ver (se non fixestes xa) o programa dedicado á Carolina de No bico un cantar.
As que queren adeprender a puntear.
As que bota fóra o mar.
As que cantar, cantaron.
As que se perden nos camiños brancos.
Aquelas que ao lado se sentan das vítimas.
As que van por leña ao monte
e soias a ven arder no lar.
As que cantan, tecen, camiñan.
As que berran tolería!
Polas meniñas gaiteiras
e as costureiriñas
e as que pegan na fouce,
tranquilas, esperando
pola alba do día.
E sempre, sempre
pola lingua que eu falo.
24 de febreiro de 2016
Día de Rosalía de Castro
Debuxo de Íker González de Freitas
1º de Educación Primaria
Na súa recente despedida do CPI de Maside, o compañeiro Villanueva regalounos as verbas que figuran a continuación. Dende o ENDL, vaian para el o maior dos agradecementos -polos aloumiños á lingua, polo sentimento sincero- e os mellores desexos para a etapa que agora comeza.
Un azar de encrucilladas achegoume a este Outeiro.
E descubrín unha infinda paisaxe de amizades compartidas.
GRAZAS...
... por todos estes anos
nos que compartimos soños;
polas vivencias, polos recordos;
grazas polas lembranzas,
polos sorrisos cómplices,
pola complicidade das miradas.
Grazas...
... pola forza das palabras;
das fermosas, das que engaiolan,
das que constrúen pontes de entendemento;
grazas tamén polas que firen e magoan,
cando impiden que se ergan os muros
do silencio.
Grazas...
... por achegar confidencias,
por abandonar as coirazas
que constrinxen e atafegan;
grazas por liberar emocións
na humidade morna das bágoas,
nos latexos do corazón.
Grazas...
... por amosar sempre o norte,
por evitar os naufraxios nesta singradura;
grazas polo apoio, polo afecto,
e mesmo polas disputas;
por abrir sempre camiños,
por non pechar as portas grazas,
grazas por ser...
... AMIGOS
En xaneiro de 2016, iniciando un itinerario de ausencias, pero prometendo que a distancia non será nunca morada do esquecemento.