MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOVO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Mantemos este ano un concurso de fotografía, pero mudamos un pouquiño o formato.
O concurso chámase OS NOSOS LUGARES e estas son as súas bases:
Enviádenos fotografías do voso contorno, o máis próximo. De lugares que vos gusten ou que chamen a vosa atención, porque son fermosos, ou porque o foron algún día e poderían selo de non estaren estragados. Lugares próximos que outras persoas descoñecen, das vosas aldeas, das do lado voso...
As fotografías deben ser orixinais, tiradas por vós. Así que levade a cámara cando saiades pasear. E mostrádenos eses lugares cos vosos ollos. Non serán aceptadas, por tanto, fotografías tiradas de Internet.
As fotos deben ir acompañadas dun texto que teña como máximo duascentas palabras. No texto podedes explicar por que escollestes ese lugar, que significa para vós. Tamén podedes escribir un texto literario baseado na imaxe.
Haberá varias categorías nas que poderá participar todo o mundo(alumnado, profes, familias, cociñeiras/os…).
Haberá catro categorías:
1. Infantil e 1º ciclo de Primaria
2. 2º e 3º ciclo de Primaria
3. ESO
4. Adultas/os (profes, familias, persoal que traballa no centro, ex-alumnado, ex-profesorado...)
A foto e o texto deben ser enviados nun correo electrónico (que poña no asunto OS NOSOS LUGARES) ao Equipo de Normalización Lingüística como arquivos anexos. No correo tamén irá o nome ou pseudónimo da persoa que participa e a categoría á que pertence. No caso de participar con pseudónimo deberá entregarse no centro un sobre pechado onde consten ese pseudónimo na parte de fóra e os datos persoais dentro do sobre.

O correo do Equipo é mollatecoalingua@gmail.com.
Se alguén ten problema para envialo, pode dirixirse directamente ao Equipo e traer a foto e o texto ao centro. As titoras/es poden facelas chegar ao Equipo.
As fotos publicaranse no blogue mollatecoalingua e unha selección na revista. Tamén se poderá realizar unha exposición cos mellores traballos.
O prazo para presentar os traballos comeza o día 25 de febreiro e remata o día 30 de abril.

(A foto que colocamos no artigo é dunha das camiñadas do curso pasado, a que fixemos polas marxes do río Barbantiño)
Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 24-02-2013 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player