Hoje lembramos José Afonso (Zeca).
No ano passado já vimos uns cartazes con a sua história e na categoria LUSOFONIA há várias músicas dele e .
O cantar galego (lindissimo) está entre elas.
Agora deixamos esta com a letra.
Dentro do programa das Xociviga, esta fin de semana tedes no Carballiño pases de curtas galegas.
O venres e o sábado. Consultade a programación no blogue do Cineclube. Podedes acceder a el premendo aquí
A tía Socorro veu vivir con nós cando enfermou, xa bastante vella. Tiña na casa un gato do que se fixo cargo a veciña e tres galiñas que decidiu matar ?para facer caldos?, pero unha delas estaba enferma e tivo que indultala (ou tirala, pero esa posibilidade nin lle pasou pola cabeza).
Sen querelo, aquela pita foi o vínculo que a mantivo unida á súa casa. A galiña sandou e a tía preguntaba a diario por ela: se poñía, se comía, se tería auga, se estaría ben arranxado o poñedeiro...
Por tempadas deixou de poñer, pero nós asegurábamoslle que estaba gorda e lustrosa e que non había día que non atopáramos un ovo. Ela marabillábase co boa que saíra.
Foi perdendo a cabeza, pero da pita non se esqueceu; ata deu en pensar que seguían vivas e poñendo as tres ?se xuntades algúns ovos mandádellos á Elvira?, unha prima.
Cando morreu a tía acordamos manter viva aquela galiña que fora tema de conversación e ansia durante todos os días daqueles dous anos e medio (e porque aínda poñía). Sobreviviuna sete meses.
A tardiña que a atopamos morta no poñedeiro disgustámonos e esa noite pechouse definitivamente a casa.
ESTA PEQUENA NO COLO DA SÚA MADRIÑA É A MIÑA NAI, A FOTO É DO ANO 1975, A MIÑA NAI ESTABA EN BRASIL E ESA ERA A SÚA CASA, ELIXÍN ESTA FOTO PORQUE VESE ATRÁS O 1º COCHE DO MEU AVÓ E GÚSTAME MOITO TODAS AS HISTORIAS TAN CURIOSAS QUE CONTA SOBRE AVENTURAS NESE COCHE E TAMÉN O MOITO QUE TIVO QUE TRABALLAR E AFORRAR PARA PODER CÓMPRALO PORQUE COMO DI SEN ESFORZO NON HAI NADA NESTA VIDA.
POIS NON, É O MEU PAPÁ CANDO ERA PEQUENO. TODOS PENSABAN QUE ERA UNHA NENA. ESTABA MOI CONTENTO PORQUE LLE COMPRARAN UN GLOBO E IBA SUBIRSE AOS COLUMPIOS.