MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GUMERSINDO E ERUNDINA

Gumersindo e Erundina son pais adoptivos de miña nai. Acollérona porque miña avoa tiña moitos problemas económicos e alimenticios, xa que tiña nove fillos ao seu cargo.
Eran familiares de meu avó e vivían no Cruceiro. Aínda que Gumersindo era de Leiro, cando casou foi vivir coa muller ao Cruceiro.
Tiñan unha mula, con ela araban o campo e sementaban. Vivían diso, cultivando para outros.

Gumersindo morreu aos cincuenta anos e Erundina e miña nai quedaron soas. Erundina enfermou e miña nai, aos catorce anos, tivo que facer todo ela: coidala, limpar a casa, cultivar e darlles de comer aos animais.

Esta foto fixérona para enviar a uns sobriños que tiñan en Alemaña, hai máis de trinta anos.

Jennifer (2º ESO)
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 28-02-2010 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
MULLERES VALENTES
Esta foto representa a difícil e valorosa situación dunha muller de vinte e tres anos que hai corenta se enfrontou a unha sociedade que sinalaba as solteiras que tiñan fillos e as marcaba con discriminación chamándolles ás nais “desgraciadas”, “deshonradas”, e aos seus fillos “ilexítimos” ou da “Inclusa”, xa que moitas veces eran abandonados en casas para orfos.

Aínda así, esta nai coraxe decidiu levar adiante o seu embarazo e facerse cargo da criatura ao tempo que algúns meses despois esperaba outro fillo dun home que a aceptou coas súas circunstancias e casou con ela.

A sorte doutras mulleres que se vían no mesmo caso foi emigrar a países de América ou Europa e alí afastarse dos rumores que as convertían nunhas indesexadas na súa propia terra, traballando arreo para voltar cuns cartiños e, ás veces cun marido, despois de facer as “Américas”.

Así transcorría a vida e o sentir das persoas nunha etapa da historia na que estar fóra das normas pode custarche moi caro.


María Cruz Pereira Iglesias (mestra)

Comentarios (2) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 25-02-2010 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
MULLERES MODERNAS
Esta fotografía en branco e negro, feita hai uns cincuenta anos, móstranos a dúas mozas daquel tempo que, loitando contra os estereotipos sexistas do momento, no que as mulleres non debían fumar nin manexar coches ou motos, se deixaban ver pola aldea increpando a xente de crenzas máis tradicionais.

Diante da Casa da Escola dunha aldea de Coles, dispúxose a moza en cabeceira a conducir unha “Lambreta”, mentres a outra amiga ou paquete a acompañaba e, subida na moto, compartía con ela un cigarro dos de entón chamados de “picadura” ou “cuarterón” e que se facían á man cun papel chamado “librito”.

Tamén se podían comprar os cigarros xa elaborados (“Celtas Cortos”, “Ideales”, “Peninsulares” e “Chester”, entre outros) que se vendían na tenda do pai da moza condutora.


Grazas a esta
tenda, única abastecedora de alimentos e produtos en 10 quilómetros á redonda, a riqueza económica do propietario e da filla ascendía e permitía a esta última disfrutar dunha vida diferente á das demais mulleres da súa época.

María Cruz Pereira Iglesias (mestra)
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 24-02-2010 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
O MEU TATARAVÓ ANTONIO
Neste pequeno relato vou falar do meu tataravó Antonio González Zomoza que era panadeiro de profesión. Este home era do Varón pero estaba domiciliado en Partovia ( o Carballiño ). O meu tataravó como xa dixen era panadeiro e para repartir o pan tiña catro ou cinco cabalos e ía polos pobos repartindo o pan nos cabalos. A miña avoa contoume que o meu tataravó era un gran cazador e que lle gustaba moito este deporte. El na súa casa tiña unha máquina coa que facía os seus propios cartuchos para unha escopeta á cal lle tiña moito cariño e que con ela cazou todo tipo da animais. A miña avoa tamén conta que unha vez uns mozos foran onde as fillas do meu tataravó para namoralas e facerlle as beiras. Un día cando o avó da miña avoa descubriu a estes rapaces onde as súas fillas sacou a súa escopeta de cazador e foi detràs deles tirándolle tiros coa escopeta, e dende aquel día non volveron xunto a elas aqueles mozos que non tiñan malas intencións.

JOSÉ SANTIAGO PÉREZ PRECIADO 3º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 24-02-2010 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
A BISAVOA BENITA

Nesta foto represéntase unha comida familiar que se celebraba o día de San Pedro, festa patronal do lugar, na cal se reunían a comer as familias nun paraxe chamado “O Salgueiral” en Leiro.
Nesta festa, cada membro da familia facía un prato de comida diferente e xuntábanse todos disfrutando dun día de verán á beira do río Avia.

A miña familiar é a moza máis alta, pouco común nesa época cando as mulleres non tiñan tanta altura. Leva un traxe de lunares seguindo a moda desa época. Era a miña bisavoa e chamábase Benita.
Esta foto data de 1934.


Mauro Álvarez Vázquez 3º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 24-02-2010 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
O BISAVÓ ALFREDO



Na seguinte foto o meu familiar está cun grupo de amigos festexando a festa da vendima; moi típica en Leiro, a súa localidade, e celébrase a finais do verán cando chega a época da vendima, da cal case todo o pobo vivía do viño que facían e logo vendían.
O meu familiar está situado xusto detrás da xerra branca chea do preciado “caldo”. Era o meu bisavó e chamábase Alfredo.
Esta foto data de 1932

Mauro Álvarez Vázquez 3º ESO
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 24-02-2010 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
EN BICICLETA
Este é o meu avó en Alemaña nos anos 60-70.Este é o meu avó en Alemaña nos anos 60 ou 70.
Alí un medio habitual de transporte era a bicleta, como a que aparece na foto.

Álex (2º ESO)
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 22-02-2010 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
PRIMEIRA COMUÑÓN
Nesta foto esta a miña tía Clarita que agora vive en Australia. Esta foto está feita o día da súa primeira comuñón. A foto ten case cincuenta anos e foi feita na que agora é a miña casa. A foto fíxose arredor do ano 1964. Na foto leva posto un vestido branco, un diadema e un rosario. Leva un velo e un moño por riba do diadema. Na foto ten un rosario unha cadea e un colar como símbolo da cristiandade e de que vai facer a primeira comuñón.


MARCOS 2º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 22-02-2010 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
ORGULLOSOS-AS DO GALEGO

Se estás orgullosa ou orgulloso do galego, podes participar nesta campaña promovida pola CENDL.
Se consultas a ligazón poderás ver un vídeo no que aparecen Luís Tosar, Martiño Rivas, Belén Regueira, Susana Seivane...
Tamén podes unirte a este grupo en Facebook ou Tuenti.
ORGULLOS@S DO GALEGO
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-02-2010 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
A VIÑA DA CASA VELLA


A foto é na viña da Casa Vella, onde viviros os meus bisavós por parte da miña avoa. As que levan vestido son as fillas do irmán da miña avoa, as outras son a miña tía e a miña nai. A cadela chamábase Laica. Era moi cariñosa. Fíxose a foto porque era o aniversario da miña nai, a máis grande das dúas irmás. Agora desapareceu bastante da paisaxe que se ve por detrás polas casas da aldea e a fábrica que se fixo, xa case non hai comparación con antes.



Alexia Martínez García 5º EP
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 22-02-2010 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player