Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas. |
|
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense). |
|

|
Quen somos? |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Visita ao Pazo de Fonte Fiz (Coles, Ourense) |
|

O 30 de novembro de 2008, os alumnos de terceiro e cuarto da ESO fixemos unha visita ao Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, no Pazo de Fonte Fiz (Coles), onde se fomenta e promociona a conservación de razas autóctonas en perigo de extinción. Puidemos ver o porco celta, a galiña de Mos, vacas de raza cachena, caldelá, frieiresa, limiá e vianesa, así como cabalos de pura raza galega. Entramos no laboratorio onde nos ensinaron o procedemento de almacenamento do seme en palliñas que se gardan conxeladas en botellas de nitróxeno líquido. O centro distribúe entre os gandeiros exemplares destas especies, que na actualidade contan xa cun importante número de cabezas.
No pazo hai tamén unha capela, un gran pombal e distintas dependencias onde se poden observar útiles que identifican a antiga forma de vida do pobo galego. Gustounos moito unha gran cheminea que hai na cociña e as garitas defensivas que se atopan nas esquinas do edificio.
Almudena Fernández Martínez (4º ESO A) |
|
|
|
Crónicas marcianas |
|
 Os habitantes da Terra viaxan a Marte coa idea de instalarse alí e colonizalo. Canda eles viaxan as súas enfermidades, que acaban matando a moitos marcianos. Estes intentan protexerse da voracidade dos terrícolas, que ademais amosan moi pouco respecto pola cultura de Marte.
Raquel Pires dos Santos (4º ESO A) |
|
|
|
A negrura do mar |
|
 Este libro conta unha historia sobre a catástrofe do Prestige. Ao principio fainos unha breve introdución e empeza cunha aventura que emprenderon dous rapaces chamados Said e Sheila, que viaxan no ano 2076 ao océano Atlántico por mor dun problema ambiental. Cando ían avanzando na súa aventura, nun lugar chamado Covelo, atopáronse cunha anciá que lles contou a historia do seu irmán, que vivira a desgraza do Prestige alá polo ano 2002. Lela, que era como se chamaba a anciá, deulles unhas cartas que lle escribira o seu irmán dende o mar, contando todo o que lle estaba a ocorrer, paso a paso.
Andrea González Fernández (4º ESO A) |
|
|
|
Fina Casalderrey, Unha raíña negra |
|
Ed. Rodeira
Xenxo é un neno que vai de excursión a unha granxa cos da súa clase. Leva unha formiga, ?Fara?, no seu peto para deixala na granxa.
Ao longo do libro, cóntanos moitas cousas da súa vida: como eran os seus amigos, o mestre e avós, e todas as aventuras que correu coas súas formigas.
Un día entraron varias formigas no seu cuarto e Xenxo púxolles comida debaixo da cama para que non marcharan. Falaba con elas e xogaba.
O seu cuarto era un país no que el gobernaba e as formigas eran ?os soldados que ían apagar o lume dun volcán (pera madura)?. Tamén eran ?un río que atravesaba un val (chan do cuarto) para ir desembocar ao mar (prato con auga e azucre)?
Xogaba e falaba con elas ás agachadas. Ninguén sabía nada porque a ninguén deixaba entrar na súa habitación. Un día, no que bebera moito leite pola noite, mexou na cama, e, pola mañá, a súa nai, ao ir ó cuarto a cambiar a cama, viu aquela cantidade enorme de formigas. Asustouse moito. Fumigou rapidamente e morreron todas menos unha.
Xenxo púxose moi triste. Colleuna, meteuna nunha caixa con furados e gardouna. Bautizouna co nome de Fara e decidiu levala a un lugar onde tivera outras amigas.
Así era polo que levaba a Fara no seu peto.
Alumnos/as de 5º Primaria
|
|
|
|
|
|