MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DECÁLOGO PARA FALAR EN GALEGO
Aínda que xa o coñecedes de velo polo cole, non está de máis colgalo no noso blogue.
Os dez consellos do decálogo cómpren máis que nunca.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-12-2010 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
CONTACONTOS
O día 16 de novembro os alumnos e alumnas que forman parte do Equipo foron visitar os peques da Alameda para contarlles un par de contos.
A experiencia foi un éxito e os pequenos decidiron facer uns debuxos.
Aquí tedes eses debuxos, xunto coa esperanza de poder repetir.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-12-2010 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
INFORME PISA: EN GALEGO APRENDIAMOS,
Copiamos a noticia, que podedes ler no Xornal de Galicia do día 8 de decembro, porque é unha proba, aínda que non tiñamos a menor dúbida disto, de que a aprendizaxe en galego non supón ningún atranco, senón unha vantaxe para o noso alumnado (unha riqueza que algúns teiman en nos fanar:
"Os alumnos escolarizados co bipartito superan a media estatal
O alumnado da autonomía supera en 18 puntos a media estatal en competencias científicas e en seis a media en destrezas matemáticas
Un dos principais argumentos que se escoitaron a favor do actual decreto do plurinlingüismo foi que os alumnos galegos tiñan dificultades para asimilar as ensinanzas científico-técnicas en galego. Esta idea prosperou e, de feito, materias como Matemáticas ou Física impártense hoxe en castelán. O Informe Pisa 2009, que avalía o rendemento dos escolares de 67 países en competencias básicas como lectura, matemáticas e ciencias, vén de botar por terra esta apreciación. Os alumnos educados co decreto que puxo en marcha o bipartito, 124/2007, melloraron as súas destrezas nas tres modalidades que avalía o estudo internacional e atópanse por riba da media estatal en todas elas.

O informe da OCDE, presentado onte e que no caso español avalía as capacidades dos alumnos de 15 anos, indica que os estudantes galegos se sitúan cinco puntos por riba da media española en comprensión lectora, cunha puntuación de 486 puntos. Deste xeito, os mozos que fixeron a enquisa entre marzo e abril de 2009, avantaxaron en sete puntos aos que a fixeron no ano 2006, primeiro no que Galicia participou no Informe Pisa. Nesta competencia, a principal analizada nesta ocasión, Galicia sitúase nun grupo intermedio dentro de España, xunto co País Vasco, Asturias, Cantabria e Murcia.

O informe de 2009, que se levou a cabo en 54 centros galegos coa participación de case 1.600 mozos, analiza tamén as competencias científica e matemática –materias impartidas en galego desde 2007–, nas que os mozos da comunidade volveron mellorar. En concreto, obteñen un resultado de 506 puntos no caso das destrezas científicas, o que sitúa a autonomía no grupo de cabeza a nivel estatal, xunto con Castela e León, A Rioxa, Navarra e Madrid. Neste ámbito. O alumnado galego está 18 puntos por riba da media de España e cinco por encima da da OCDE.



CRÍTICAS Á XUNTA

Os estudantes galegos tamén superaron en seis puntos aos do conxunto do Estado en aptitudes para as matemáticas, onde obtiveron cunha cualificación de 489 puntos, similar á dos de Asturias, Cantabria, Cataluña e Murcia.

Logo de coñecerse estes datos, CIG-Ensino recordou á Xunta que “estudar as matemáticas e as ciencias en galego non fora un obstáculo para o alumnado, que obtivo uns resultados importantes” no estudo, que “contradí” os argumentos contra o galego. Pola súa banda, CC OO indicou que “non se “podía aspirar” a unha calidade “óptima” no ensino estando “á cola” en investimento.

O estudo da OCDE tamén puxo de manifesto datos como que as diferencias entre comunidades son inferiores ao 4% ou que os mozos españois melloraron 20 puntos en comprensión lectora ata regresar aos niveis de 2003, último ano da Logse."
Ligazón ao Xornal de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-12-2010 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
COÑECES O APALPADOR?
O Apalpador, ou Pandegueiro, é unha figura galega que lles achega agasallos e castañas aos nenos e nenas polas datas de nadal. Cando este carboeiro baixa das devesas, apalpa as barrigas dos pequenos para ver se están cheas.
Se queres investigar sobre esta personaxe, aquí che deixamos dous materiais: unha guía para 1º ciclo de Primaria (elaborada pola biblioteca do CEIP MEstre Goldar) e un conto de Xoán G.
Podes atopar moitas máis cousas na páxina www.apalpador.com (láminas para colorear, cartas ao Apalpador, historia...)



Páxina do Apalpador
Comentarios (0) - Categoría: Nadal - Publicado o 08-12-2010 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
HISTORIA DA LINGUA GALEGA
Excelente obra de Pepe Carreiro que nos achega a historia da nosa lingua en dúas versións, par pequenos/as e maduros/as.
Atoparédela na biblioteca


Comentarios (1) - Categoría: Libros - Publicado o 02-12-2010 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player