Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas. |
|
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense). |
|

|
Quen somos? |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A BISAVOA ROSA |
|

Esta muller da foto é a miña bisavoa Rosa, cos seus netos e a súa neta, no Entroido. Os netos son miña curmá segunda, Mari, meu curmán segundo, Isaac, e meu tío carnal, Fernando. Mari leva na cabeza un lazo feito con papel hixiénico. A bisvoa Rosa puxo a meu tío e meu curmán uns gorros feitos de cartón e uns bigotes e colocoulles unhas bandas feitas de papel hixiénico.
Esta foto terá sobre 50 anos.
Carmen Caride Alonso ? 5º E. Primaria
|
|
|
|
A NENA DO PARAUGAS |
|

Tiña a penas 3 anos cando descubríu que súa irmá máis vella xa ía á escola e que, para iso, lle mercaran unha nova carteira e un paraugas. Eses obxectos parecéronlle os máis fermosos do mundo e, nun descoido de súa irmá, colleunos e con decisión, baixou as escaleiras da súa casa, informando a quen se cruzaba no se camiño: ?Eu tamén vou á escola?.
Na súa inxenuidade, desexou ser grande, ter un espazo no mundo das persoas maiores, pero non calculou as consecuencias de tan ousado feito. A súa irmá nunca lle perdoaría que ela se fotografase cos seus máis prezados tesouros: a carteira e, sobre todo, o paraugas.
Pasaron os anos e a Nena do Paraugas xa é maior. Aínda vai á escola e está convencida de que, o día que perdamos a infancia, perderemos a mirada limpa e sincera coa que as crianzas ven o mundo.
Concha L.F. 1963 |
|
|
|
A BISAVOA AGUSTINA |
|

Con esta foto púxenlle cara á miña bisavoa materna Agustina, no centro da foto. Non sei moitas cousas dela. Á miña nai gustáballe ir durmir á súa casa de vez en cando, pero ao despertar moitas veces a Mamá Agustina xa se fora para o eido. Cando ocorría iso, nunca se esquecía de deixarlle o almorzo preparado ou a merenda se era pola sesta no verán. Se podía tamén lle poñía unha lambetada, que era algo tan sinxelo coma unhas galletas ou unhas noces, todo un luxo a mediados dos anos 40. Non sei se algunha vez lle fixeron á miña nai a pregunta de ?a quen queres máis, Sarita, á avoa Luisa (coa que vivía) ou á Agustina?? Estou seguro da resposta, porque a avoa Luisa era capaz de comer a única laranxa que quedaba, cando a había, mentres a miña nai miraba e non entendía por que lle tiraba aquela pel branca, co rica que debía estar.
C. Fernández
Na foto, Agustina Vazquez Armas e a súas fillas Josefa e Esther. Porto de Eguas 1935, aproximadamente |
|
|
|
|
|