 Nalgunhas comarcas da alta montaña do leste de Galiza, no Courel, Lóuzara e o Cebreiro, mantíñase ata datas moi recentes a tradición do Apalpador, un xigante con oficio de carboeiro que, no Nadal, baixaba das devesas onde vivía para as aldeas, coa intención de apalpar nas barrigas dos/as nenos/as e así comprobar se estaban ben mantidos/as. O Apalpador vixiaba que os/as rapaces/as vivisen con fartura, desexáballes que no vindeiro ano continuasen a non pasar fame e deixáballes unha presa de castañas quentes como presente e lembranza da súa visita.
Deixemos que sexa un galego, un honesto e traballador carboeiro, quen veña agora cos agasallos para as nosas moradas, e que as castañas de antano se vexan acompañadas por outros bens que a súa xenerosidade de seguro lle permite doar.
Que o Apalpador nos sexa propicio!
Ana Rodríguez Barreiro
* Texto adaptado de http://www.pglingua.org/pdfs/20081107_gentalha_o_apalpador.pdf |