Para facer memoria.
Porque a escola debe ensinar o pasado, máis ou menos afastado, analizalo, aprender del e explicalo a aqueles que non o viviron. Ou non o recordan.
Porque na escola están os nosos fillos/as, sobriños/as, netos/as, veciños/as. Os que herdarán a terra, o mar e a historia que lles deixamos.
Porque cada vez hai máis lugares onde se amplifican as mentiras ou se esconden as verdades.
Porque non é fácil para os alumnos/as entender o mundo complexo e inxusto que lles deixamos, unha herdanza envelenada que o noso egoísmo e avaricia destruíu en pouco tempo.
Porque serán eles e elas os que teñan que darnos unha lección, como case sempre, e asumir as nosas irresponsabilidades.
Porque vai ser difícil renunciar a todos eses excesos aos que os acostumamos, a custa da terra e dos invisibles a quen roubamos e seguimos roubando para manternos na cima do mundo, cuspindo despoxos nos que estamos afogando.
Porque esperamos que sexan capaces de facelo, de tomar conciencia e virar a historia.
Porque o noso traballo é educar e para iso debemos usar todo o que estea na nosa man. Sobre todo, a nosa memoria.
Que non nos falle a memoria, porque aos adolescentes que deberiamos educar, xa lles levamos fallado de máis.
A Voz é o xornal que máis axudas recibe da Xunta por promover o galego:
Podes ver aquí os datos
A maneira que teñen de promovelo son artigos coma este, no que informan do Día da Ciencia en Galego no IES do Carballiño Chamoso Lamas.
A maneira de promover o galego é traducir ao castelán notas de prensa enviadas en galego. O titular é absurdo!!!!
Ou un oxímoro!!!!! (non sei se na Voz saberán moito de literatura, no que parecen ser expertos é no desprezo constante ao galego e, por tanto, a todos os galegos e galegas...)
Pero, a pesar do que na Voz digan ou como o digan, no Chamoso, grazas ao traballo e ao compromiso de certo profesorado, a ciencia fíxose (e faise) en galego...
Claro que a Consellería estará encantada con estes aliados que lle saíron na defensa do castelán...
O venres asistimos a dúas videoconferencias para recordar que o galego é umha lingua que vale para todo, tamén para as ciencias.
Aquí temos unha foto, agora tócache a ti deixares un comentario.
Aquí tedes a exposición que o alumnado do Chamoso preparou para o Día da Ciencia deste curso.
Podes vela tamén no cole.
Escolle a túa científica ou busca outra...
reproducimos un fragmento do artigo de Manuel Rivas no País que podes ler integramente aquí.
Porque queimados/as, queremos seguir bailando...
"(...)Temos un país queimado. Non só os montes de Ourense e algunhas outras bisbarras.
Temos queimados os equipos e as equipas. Os equipos de normalización lingüística, por exemplo, eses botan fume por cada poro. E non me estraña. Como vas traballar no ensino oficial a prol dunha lingua, se todo o discurso do poder vai dirixido a descualificar ese traballo, a que a xente interiorice que a súa lingua é unha lingua inútil. Os equipos de medio ambiente están queimados. E como non! En lugar de espallar e garantir os valores medioambientais, semella que todo está aberto á poxa, non importa o nivel de protección. En Alemaña e Francia, os gobernantes decláranse ecoloxistas, non digamos xa nos países nórdicos, mais en Galicia o termo "ecoloxista" aínda segue a ser utilizado como un alcume. Quen repartiu as pancartas de Touriñán, feitas en fábrica, onde se atacaba como demos aos ecoloxistas?
Os equipos de televisión tamén están queimados. Estar están queimados até os equipos de fútbol. No mundo do estres e da angustia laboral fálase da síndrome burn out. O estar queimado. Mais neste país semella unha síndrome nacional. A identidade de estar queimado.
Ía dicir que non temos dereito a estar tan queimados. Mais cos recortes que hai en todo, só faltaría que lle quitaran a un o dereito a estar queimado. Sen folgos. Sen esperanza. Sen nada.
O Rexurdimento tamén agromou en circunstancias de desacougo colectivo e cando moitas cousas semellaban perdidas ou en perigo de perderse. O que cómpre, cando un país está queimado, non é apagar a luz e encamalo. Pola contra, éche o intre de levar a contraria, montar un novo #Rexurdimento e botar un baile coa Negra Sombra."
Grazas a Martiño, esta versión para cantarmos, como os de Cea. (hai outros vídeos nesta canle de youtube XENIAIS!!!)
E máis abaixo en MP3 para descargar: Como nos gusta!!!!!!