MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CINECLUBE NO CARBALLIÑO
O venres, día 19 de novembro, en sesións de 20,30 e 23,00 horas, volve o Cine Club Carballiño. Para empezar proxéctase AMADOR, de F. León de Aranoa.
As próximas proxeccións serán: Carancho, Retornos, Abel e Pan negro, sempre en venres e ás mesmas horas. Os prezos son moi baratos: 4 euros entrada solta (2 euros se es parado, estudante ou pensionista); bono mensual a 10 euros (5 euros se es parado, estudante ou pensionista). Un saúdo e animádevos a vir e a participar facéndovos socios e colaborando na organización das nosas actividades.

AMADOR: Trátase da nova película como director e guionista de Fernando León de Aranoa, que para esta ocasión nos narra a historia dunha inmigrante que debe ocultar a morte do ancián que coida. León de Aranoa de novo con personaxes marxinados; se tan bos resultados lle deu con anterioridade, ¿para que cambiar?
Os dous personaxes centrais están interpretados pola actriz peruana Magaly Solier -'A teta asustada'' (2009, Claudia Llosa)- e Celso Bugallo, actor galego que xa traballou ás ordes do mesmo director "nos luns ao sol' (2002), precisamente cun personaxe chamado tamén Amador
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-11-2010 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOCONFERENCIA
Por se queredes rever a videoconferencia á que asistimos o día 4 de novembro, aquí tedes o vídeo

Do Cern a Compostela coa Física de Partículas from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.

Comentarios (1) - Categoría: Ciencia en galego - Publicado o 18-11-2010 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Conto de Castelao
Curtametraxe baseada nun conto de Castelao.
Podes vela en flocos.tv

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-11-2010 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
ORGULLOSOS DO GALEGO
É incrible o que se pode facer cando hai talento.
No IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas elaboraron este vídeo para participar na campaña do ORGULLO da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización.
Aínda que é do curso pasado, vale a pena revela.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-11-2010 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
A NENA E O GRILO NO AUDITORIO DE OURENSE ESTA FIN DE SEMANA
Este sábado 6 de novembro ás 18:00 Magín Blanco presenta no Auditorio de Ourense o seu proxecto A nena e o grilo, un interesante traballo do valdeorrés para os pequenos e pequenas da casa que combina o mundo dos contos cunha fermosa música.

Aproveitamos para recordarvos que ata o 13 de febreiro está aberto o prazo para a II EDICIÓN do CERTAME FOTOGRÁFICO A Nosa Historia Facémola Nós (cunha categoría tamén para adultos) e que podedes participar a través do correo mollatecoalingua@gmail.com
Consulta as bases na categoría A Nosa Historia Facémola Nós

Comentarios (2) - Categoría: Música - Publicado o 05-11-2010 01:10
# Ligazón permanente a este artigo
A saia da Carolina
Inauguramos esta sección porque este ano organizaremos, en colaboración coa biblioteca, unhas pequenas xornadas sobre Portugal.
En realidade, xa a inauguramos o ano pasado coa noticia da morte de Saramago.
Podiamos comezar de moitas maneiras, pero escollemos facelo con esta música da Carolina que todos sabemos EN GALEGO, aínda que algúns nola queiran traducir (infórmate da PLATAFORMA POLA SAIA DA CAROLINA na ligazón da dereita).
Como vedes, a letra e a música teñen algunha variación coas que se coñecen pola Galiza (que tamén son diferentes).
O vídeo pertence ao disco A HORA DO RECREIO.Contén trinta cancións tradicionais portuguesas e xa o temos no cole, xunto con outro material que xa fomos adquirindo. Se tedes algunha suxestión, facédenolo saber.
Cantades?

O vídeo que tiñamos colgado xa non está dispoñíbel, así que aquí tedes outro:

PLATAFORMA POLA SAIA DA CAROLINA
Comentarios (1) - Categoría: Lusofonía - Publicado o 04-11-2010 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
CIENCIA EN GALEGO EN MASIDE

Pareceuvos ou non divertido aprender ciencia en galego? Pola cara non parecen estar pasándoo moi mal.
Iremos colgando as fotos na fotoblogoteca, xa podes ver algunhas.
Comentarios (0) - Categoría: Ciencia en galego - Publicado o 04-11-2010 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
ADEGA-LUGO: roteiro polo Courel de Uxío o día 7 de novembro
ADEGA Lugo vén de apresentar o seu programa de roteiros para o curso 2010-2011 que, desta volta, estará dedicado á lingua como principal eixo de conexión patrimonial e cultural entre os galegos e galegas, xunto coa paisaxe e o territorio de Galiza. O obxectivo é recoñecer e potenciar a lingua propia como vehículo de vida, entendemento e expresión do medio que nos arrodea para non deixar esmorecer o que constitúe o principal elemento da nosa identidade, hoxe ameazada.

O primeiro roteiro será o día 7 de novembro percorrendo o Courel de uxío Novoneyra e maría Mariño.
Podes descargar programa completo dos roteiros se premes na ligazón da dereita
programa roteiros ADEGA
Comentarios (0) - Categoría: Eventos - Publicado o 03-11-2010 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
Rap sobre o acelerador de partículas
Esta é unha versión en portugués (do Brasil) dun rap en inglés sobre o acelerador de partículas.
queres ouvir?
Comentarios (3) - Categoría: Ciencia en galego - Publicado o 01-11-2010 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player