Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI de Maside. Nace coa vontade de converterse nun punto de encontro para todos aqueles membros da comunidade educativa (docentes, alumnos/as, pais/nais e persoal de administración e servizos) interesados dalgún xeito no pasado, presente e futuro da lingua galega. Agora amósasenos como unha páxina en branco, e convídanos a pensar, a escribir, a compartir, para ir enchendo de vida un proxecto que, por forza, ha de ser colectivo, aberto, integrador. Só nos pide unha cousa: traballar, descansar, estudar, xogar, cavilar, argallar, imaxinar, sentir, amar, vivir EN GALEGO. Porque a lingua, como os bicos, molla, e porque ogallá nos mollemos con ela, queremos que chova galego, que pinga a pinga nos empapemos do único idioma capaz de ditar unha historia única: a nosa.
Mil veces benvidos/as!
Ana Rodríguez Barreiro