Esta semana Arlet, Cynthia e Loli colocaron para o timbre da tarde ?Matriarcas?, o primeiro sinxelo do traballo de Guadi Galego Lúas de Outubro e Agosto, editado en novembro de 2014.
Despois de se facer público este vídeo espallouse rapidamente polas redes e foi recibido como un himno das mulleres.
Deixamos agora dous textos sobre a contribución ou non deste tema ou non ao feminismo. Para debatermos nas aulas.
Helena Miguélez, ?Aleitando a nación: unha crítica feminista urxente de ?Matriarcas? de Guadi Galego?, 13 de decembro de 2014, en Ideas.gal
Laura Arjenilla e Ximena González, ?Brillantes activistas da vida cotiá: outra ollada feminista de ?Matriarcas? de Guadi Galego?, 15 de decembro de 2014 en Contrapoder
Comezan as historias con home encumados,
rematan sempre todas con mulleres que os salvaron
da morte do intelecto, insectos que os picaron
de turbias lendas vellas que non queren nin lembrar.
E nós pouquiño a pouco ímonos situando,
construíndo barricadas no país dos alalás.
Nós en corpo e alma, nós mercando calma,
nós cousa por cousa sen podernos despistar.
Nós aleitadoras, nós conquistadoras,
brillantes activistas da vida cotiá.
E nós que resistimos a séculos de forza,
e nós as matriarcas do país dun tal Breogán.
Comezan as historias con home encumados,
rematan sempre todas con mulleres que os salvaron
da morte do intelecto, insectos que os picaron,
de turbias lendas vellas que non queren nin lembrar.
Nós aleitadoras, nós conquistadoras,
brillantes activistas da vida cotiá.
E nós que resistimos a séculos de forza,
e nós as matriarcas do país dun tal Breogán.