MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CANTA NO SAMAÍN
Canta a canción recollida no disco Patatín Patatán (no cole témolo por se o queres escoitar)
O vídeo foi elaborado polo Equipo da Biblioteca do
CEIP Mestres Goldar
Comentarios (2) - Categoría: Samaín: recursos - Publicado o 21-10-2010 23:23
# Ligazón permanente a este artigo












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2010 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO, O NOSO MEDIO NATURAL
Interesante traballo da Coordinadora de Equipos de Normalización e do Servizo de Normalización da Universidade de Vigo.
O respecto e protección da biodiversidade (da que a diversidade lingüística forma parte)é a idea sobre a que xira esta ecoguía.
Que podemos facer para que esa diversidade non desapareza?
Seremos capaces de frear as perdas que xa levamos tanto tempo consentindo?
Estaremos a tempo de evitar a desaparición da nosa lingua?
Camisolas, adhesivos, chapas completan esta campaña da que seguiremos dando conta.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2010 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
A causa das cousas
Neste capítulo da serie da TVG poderás ver a historia de Domingo Fontán, Cruz Gallástegui e o astrónomo Ramón María Aller.
Aquí poderás ver unha parte do programa.
se queres ver o capítulo enteiro, pica na ligazón que tes abaixo á dereita (TVG á carta)


TVG á carta
Comentarios (0) - Categoría: Ciencia en galego - Publicado o 21-10-2010 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
4 de novembro, CIENCIA EN GALEGO
A CGENDL convídavos a sumarvos dende á Xornada pola Ciencia en Galego, unha xornada que, en colaboración cos colectivos de docentes de matemáticas, ciencias e tecnoloxía e outras entidades, se dirixe dende o ensino a toda a sociedade co obxectivo de expresarmos que o galego é unha lingua adecuada para a transmisión do coñecemento científico e tecnolóxico e para divulgar experiencias científicas escolares pensadas e desenvolvidas en galego.
Comentarios (0) - Categoría: Ciencia en galego - Publicado o 20-10-2010 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
EU CAMIÑO POLA LINGUA, E TI?
Baixo o lema Eu camiño pola LINGUA, e ti? a plataforma QUEREMOS GALEGO! de Ourense, a Asociación Xuvenil Amencer e a Concellaría de Voluntariado do Concello de Ourense organizan un Camiño de Santiago de reivindicación e fomento do galego.
Este é o texto explicativo da actividade:
Somos un grupo de persoas de todas as idades, profesións, intereses, afeccións que temos unha cousa en común: queremos galego nas aulas, na administración, nas empresas, nos xulgados, nos medios de comunicación; cos pais, cos fillos, cos amigos, cos compañeiros de traballo; para vivir, para sentir, para soñar.
E, neste ano xacobeo, tamén queremos que o galego estea no Camiño de Santiago. Por este motivo imos facer o Camiño pola lingua.
Acompáñanos. Camiñaremos pola Vía da Prata, ruta mozárabe, os días 10, 17, 24 e 31 de outubro. Se non podes vir ás catro xornadas apúntate para as que poidas.
Ao rematar cada etapa plantaremos unha árbore cunha mensaxe que sexa testemuño da nosa peregrinación e leremos un manifesto en catro partes, que se completará ao chegar a Compostela.

ETAPAS

Primeira etapa. Domingo 10 de outubro
Ourense-Tamallancos-Cea. 24 km (aprox.)
Saímos camiñando ás 8:00 da mañá da parada de autobuses do Parque de San Lázaro de Ourense. Ao chegar xantaremos en Cea e, arredor das 17:00 h, un autobús traeranos de volta a Ourense.
Segunda etapa. Domingo 17 de outubro
Cea-Castro Dozón-Botos (Lalín). 26 km
Terceira etapa. Domingo 24 de outubro
Lalín-Silleda-Bandeira-Ponte Ulla. 24 km
Cuarta etapa. Domingo 31 de outubro
Ponte Ulla-Lestedo-Santiago. 24 km
Inscrición

Podes inscribirte para cada etapa ata a mañá do venres anterior a cada unha, nos números de teléfono: 988 218 123 ou 639 519 242. Tamén no enderezo electrónico amencer@amencer.org
O prezo de inscrición son 5 euros e inclúe todas as etapas. Para estudantes e parad@s é de balde.
Trae o teu equipamento e o teu xantar e bebida. O equipamento axeitado é o seguinte: calzado cómodo (o ideal é de goretex) que non sexa novo (pódese levar calzado de reposto por se manca), dobre calcetín, roupa cómoda, gorra (non viseira), chuvasqueiro por se chove. Nunha mochila pequena cómpre meter o xantar e bebida. Todo isto debe estar dentro dunha bolsa de plástico por se a mochila non é impermeable. Tampouco esquezas a protección para o sol.
Infórmate en queremosgalego.org

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2010 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
A NOSA HISTORIA FACÉMOLA NÓS, DE NOVO

As vellas e novas xeracións poden descubrir xuntas pequenas e grandes historias gardadas nas vellas fotos que ás veces quedan olvidadas nas gavetas.
Convidámosvos a descubrir os tesouros para que nos conten por eles mesmos como nos divertimos, namoramos, traballamos, tivemos soños, fracasos, medos, ilusións...
No curso anterior quixemos que as mulleres fosen as protagonistas destas historias. Neste ano queremos descubrir como nos relacionabamos no tempo en que non había móbiles, correos electrónicos, teléfono...Como buscabamos momentos para estarmos xuntos e encontramos compañeir@s, moz@s, amig@s ou inimig@s: festas, bailes, xuntanzas familiares, traballos comúns, enterros, vodas, tendas, prazas, reunións clandestinas...
Rebuscade, preguntade polas historias que se agochan por tras deses momentos que alguén deciciu fotografar. Axúdanos a contar a nosa historia para que ninguén fale por nós.
BASES

1-Poderá participar calquera membro da comunidade escolar: alumnado, familias e persoal non-docente.
2-Haberá dúas categorías. Adultos e alumnado. Dentro do alumnado establécense as seguintes subcategorías: Infantil, 1, 2 e 3 ciclo de Primaria, 1 e 2 ciclo de Secundaria.
3-Os traballos, en soporte informático*, consistirán nunha fotografía acompañada dun texto en galego (que non exceda as 200 palabras) que explique a historia da foto.
Os traballos poden enviarse ao seguinte correo: mollatecoalingua@gmail.com ou entregarse ao ENDL por medio do alumnado.
4-Iranse publicando no blogue do equipo: www.blogoteca.com// mollatecoalingua e algúns na revista do centro. Tamén se fará unha exposición no Colexio.
5-O prazo de entrega iníciase o 13 de outubro e remata o 13 de febreiro de 2011
A participación no concurso implica aceptación destas bases.
*O ENDL comprométese a escanear as fotos, no caso de que na casa non sexa posible e á revisión ortográfica dos textos.
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 07-10-2010 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player