Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas. |
|
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense). |
|

|
Quen somos? |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nace o blog da Coordinadora de ENDL do Carballiño |
|
LINGUA DE BUXO inaugurouse hai uns días cunha reflexión sobre as Bases para a elaboración do novo decreto.
Podedes acceder a el premendo na ligazón. |
|
|
|
Posicionamento do Claustro sobre as bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo |
|
O Claustro do CPI de Maside, en relación ao texto que contén as bases para a elaboración do decreto do purilingüismo no ensino non universitario de Galicia, presentadas o 30 de decembro de 2009 quere manifestar o seguinte:
1. Supón unha agresión ao galego xa que resta os seus usos no ensino obviando: a realidade sociolingüística de Galicia, na que existen dúas linguas en clara desigualdade; a obriga do propio goberno, que incumpre así a legalidade tal e como argumenta a Real Academia Galega nos puntos 2 e 3 da Análise da RAG ; a opinión pública, que se ten manifestado de forma masiva en contra desta política lingüística e criterios pedagóxicos.
2. Restrinxe os usos do galego no ensino ao reducir a súa presenza ao 33% das materias en Primaria e ESO e supor a práctica desaparición do galego en Infantil.
A súa aplicación imposibilitaría, por tanto, que o alumnado acadase competencia activa en galego. É tamén a 1ª vez que as leis educativas establecen un máximo para o uso do galego
3. Esta restrición do uso do galego xustifícase nas Bases coa impartición dun terzo das materias en lingua(s) estranxeira(s), principalmente inglés. Á parte de non explicitar como se vai aplicar no curso 2010-2011, non contemplar o alumnado con necesidades educativas,? sobreenténdese desta medida que a sociedade galega debe sacrificar a lingua propia en favor dunha lingua universal.
4. A administración fai deixación das súas funcións ao establecer que a opinión das familias sobre en que lingua se deben impartir determinadas materias ou debe aprender o alumnado a ler sexa vinculante. Esta suposta ?liberdade? crearía ademais conflitos e claras desigualdades.
5. Estas Bases derrogan o Decreto 194/2007 do uso do galego no ensino sen que fosen avaliados os resultados da súa aplicación e xustifican esta decisión nos resultados da ?consulta ás familias sobre o uso das linguas no ensino?. O rexeitamento do Claustro deste centro a esta consulta foi unánime e argumentado nunha reunión extraordinaria realizada o día 17 de xuño de 2009 Alén diso, a promesa de derrogación do devandito decreto é anterior á realización da tal consulta.
6. Existen, ademais, outros aspectos nos que estas bases supoñen unha marxinalización para o galego: o uso do galego na administración queda supeditado a un uso voluntarista, o alumnado estranxeiro poderá solicitar a exención da cualificación na materia de lingua galega, pero non así na de castelán; as familias pasarán a formar parte dos EDL , pero non así doutros Departamentos, desaparece o termo de normalización en todo o texto,?
En conclusión, as bases para a elaboración deste decreto supoñen unha restrición do uso do galego no ensino xustificada na busca do plurilingüismo e na falsa liberdade das familias e supoñen, deste modo, unha agresión á nosa lingua que vén precisamente daqueles que teñen a obriga de protexela.
Por todo o anterior rexeitamos estas bases e esperamos que non se desoian as masivas críticas que leva suscitado e se corrixan as numerosas eivas do texto presentado o día 30 de decembro.
1(1) Análise da Real Academia Galega das Bases para o decreto do pluriligüismo no ensino non universitario de Galicia, 16 de xaneiro de 2010. ^ 2(2) Nos anteriores textos legais establecíase un mínimo para o uso do galego. ^ 3(3) Ver argumentación no punto 6 de Análise da Real Academia Galega das Bases para o decreto do pluriligüismo no ensino non universitario de Galicia, 16 de xaneiro de 2010. ^ 4(4) Equipos de dinamización da lingua galega (denominados no anteriores decretos equipos de normalización e dinamización lingüística) ^
|
|
|
|
Queremos galego II |
|
Nas seguintes ligazóns hai máis información sobre o decreto e comentarios.
|
|
|
|
Queremos galego |
|
21 de xaneiro, folga xeral no ensino.
Podedes consultar toda a información en http://www.queremosgalego.org/
|
|
|
|
FELICITACIÓN |
|

Esta foto representa a forma de felicitar a entrada do ano novo no país dos meus pais, que proceden de Marrocos. Nesta imaxe en concreto aparece a miña nai cando tiña 20 anos aproximadamente. Para felicitar as festas acudían a un estudio de fotografía ou pagaban a un fotógrafo particular nas súas casas para confeccionar a tarxeta.
A miña nai chámase Arabia e actualmente vive conmigo e co meu irmán Naufal e a miña irmá Dunia en Maside nunha casa pequena.
En Marrocos viviamos nunha cidade nunha casa moi grande onde habitaba tamén a miña avoa.
As palabras de felicitación do aninovo están en francés, que é unha das línguas empregadas neste país.
Nabila Samir Ouad. 5º EP |
|
|
|
OS REGALOS DA ARXENTINA |
|
 Os dous maiores son o meu bisavó Antonio e a miña visavoa Carmen. Carmen naceu en 1915 e Antonio en 1904. Carmen morreu no ano 2005 e Antonio en 1959.
As dúas de abaixo son a miña avoa, que é a máis pequena e a miña tía avoa. A miña avoa chámase Visitación e a miña tía avoa Odonina.
O motivo desta foto foi que unha tía da miña avoa, que era a súa madriña, mandoulles uns regalos, e nesta foto saen os regalos, os bolsos e a tela dos vestidos, e mandárona á Arxentina.
Angel Novoa Bugueiro. 5º EP |
|
|
|
DON RAMIRO |
|
 De rapaz tiña oído falar do mestre don Ramiro. Parece ser que era moi querido, que facía boas migas cos rapaces e tamén coas mozas e mozos que xa non ían a escola, cos que cantaba e preparaba pequenas obras de teatro. O que non entendía era que a pesar destes comentarios alguén nunha ocasión o denunciara e que estivera na cadea un tempo. A parte que máis me gustaba da historia é que os veciños da parroquia, grandes e pequenos, foran correndo recibilo cando por fin o soltaron, xa que en realidade non había motivo para acusalo de nada. Só a envexa dalgún cacique ao que non lle gustaba que a xente pensase por si mesma. A pesar da súa inocencia foi represaliado e desterrado a unha escola de Burgos. Corrían malos tempos a mediados dos anos 30 do século pasado.
Don Ramiro é o segundo de pé pola dereita, na fila de mozos. O resto son mozas e mozos de Partovia vestidos para representar unha obra de teatro en 1933.
C. Fernández |
|
|
|
VIAXES |
|
 Luís era electricista. De novo, gabeaba coma ninguén polos postes de madeira dos tendidos eléctricos da Serra do Suído, con aqueles ferros dentados atados aos nocellos, que máis ben semellaban a boca dun cocodilo, e coa única seguranza dun cinto de coiro que o suxeitaba ao pau. Un día coñeceu a Concha, quen desde moi nena traballou arreo para axudar na casa, pois era a máis vella de tres irmáns e irmás e, tal vez, a súa única diversión era ?escapar? os domingos para pasear co seu noivo.
Concha e Luis casaron en abril do 1952 e a súa lúa de mel foi ben curta: unha viaxe a Ribadavia. Logo, no verán dese mesmo ano, Jaime, un amigo, invitounos á súa casa, na Hedreira (concello de Avión) e alá marcharon.
Pode que hoxendía nos pareza unha viaxe sinxela de realizar, pero daquela, cando aínda as estradas eran camiños de carro, non existían teléfonos móbiles e quen tiña unha pequena moto, tiña un grande tesouro, ir desde Partovia (O Carballiño) ata o alto da Serra do Suído, tiña que ser unha viaxe ben dura. Non obstante, a satisfacción que proporciona compatir amor e amizade, compensa sempre calquera esforzo. Os rostros de Luís, Concha e Jaime así o amosan.
Concha L. F.
|
|
|
|
A BISAVOA JOSEFA |
|

A muller da foto é a bisavoa Josefa, que naceu no ano 1908 e finou no 1992.
Casou de moi nova e tivo tres fillos e fillas, entre quen está a miña avoa Modesta. O meu bisavó Emilio non tardou en morrer e a miña bisavoa quedou viúva. A pobreza que había daquela fixo que o irmán do meu bisavó, Julio, se xuntase con ela para axudarlle a coidar aos fillos e fillas. Desta unión naceu meu padriño Pepe. Julio non tivo unha vida moi longa, polo que Josefa tivo que sacar adiante aos seus catro fillos e fillas como puido. Gañaba o pan para a súa casa adicándose toda a súa vida á agricultura. Na casa tiña porcos, unha vaca e galiñas, coma todas as familias daquel entón.
Anxo González Veiga ? 5º E. Primaria
|
|
|
|
DÚAS IRMÁS |
|

Estas son a miña avoa Visitación, que é a máis pequena, e a miña tía avoa Odonina, que é a máis alta. A miña avoa tiña 8 anos e a miá tía tiña 10 anos. Esta foto fíxose para mandarlla ás súa tía e á súa madriña a Bos Aires, Arxentina.
A miña avoa, cando era pequena, ía á escola e despois de vir da escola, tiña que ir coas vacas e logo, á noite, tiña que facer os deberes.
Laura Bugueiro Rodríguez ? 5º E. Primaria
|
|
|
|
|
|
|
|
|