MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Reportaxe sobre a fala de Estremadura
Sabías que en varios concellos da provincia de Cáceres existe unha lingua moi próxima ao galego?
O 25 de xaneiro emitiuse unha reportaxe sobre esa FALA.
Accede á reportaxe na ligazón de canalextremadura que atoparás abaixo á dereita e poderás escoitar como soa esa lingua.

Tes outra ligazón onde podes consultar información deste tema na wikipedia
A fala na wikipedia
Reportaxe sobre a fala de Estremadura
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2010 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
Nace EuFalo.TV, un espazo en internet onde a xente pode contar a súa historia co galego
O 26 de xaneiro, estreouse Eufalo.tv, un espazo en internet donde calquera persoa pode contar a súa historia co galego. EuFalo.TV recolle algunhas desas historias e deixa a porta aberta para que persoas anónimas, ou non tanto, manden as súas vivencias co medio de vídeo que teñan máis a man.
Eufalo.TV é un proxecto de documental colaborativo, que parte dun conxunto de producións de vídeo rodadas ao longo dos últimos meses, e distribuídas nunha web en función das súas temáticas: historias persoais de vivencias coa lingua, temas concretos (como a lingua na infancia ou a lingua no ámbito laboral), e tamén series documentais sobre zonas nas que “tamén” se fala galego, como as zonas urbanas de Vigo ou da Coruña.Eufalo.TV é unha web participativa baseada no vídeo, pensada para que cada quen envíe a súa historia persoal coa lingua gravada con cámara, móbil e tamén con webcam.
A idea de EuFalo.TV, unha páxina web desenvolvida integramente en software libre, é de A navalla suíza, un equipo de comunicación en internet formado por María Yáñez, Óscar Otero, Álvaro Gómez, Berto Yáñez e Xabier Cid.
Noticia tirada de Xornal.com
Podes visitar a páxina de Eufalo.tv e enviar os teus propios vídeos. Para saber como, preme na ligazón de Eufalo.tv que atoparás abaixo á dereita.
Como participar en Eufalo.tv
Noticia no Xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2010 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
55 MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA
A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentará o próximo venres 5 de febreiro a súa primeira publicación titulada 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.
Esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.
A presentación farase simultameamente en 63 localidades de todo o mundo.
En Ourense, a presentación será no Ateneo ás 20:30, a cargo de Serafín Alonso, Xosé Antón Laxe Martiñán e Xián Bobillo.
Se queredes consultar a lista, lugar e hora do resto das presentacións podedes consultar a ligazón do blogue de Prolingua que atoparedes abaixo na dereita
Blogue Prolingua
Comentarios (0) - Categoría: Eventos - Publicado o 31-01-2010 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
AS TRES CURMÁS

Nesta foto aparecen a miña nai e as suas curmás Mari Carmen e Marisol .
O día da festa da parroquia, cando chegaron da misa, fixeron uns ramos con buxos e rosquillas. Aproveitando que puxeran as mellores galas, o tío Manolo decidiu facerlles a foto.
Casar de María, 1969.
Vanesa I.C.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 30-01-2010 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
CINCO XERACIÓNS DE MULLERES

Xa dende pequena recordo o orgullosas que se poñían tanto a miña nai como a miña avoa, cando ensinaban esta foto a outros familiares ou amigos/as. Sempre dicían a mesmo: cinco xeracións de mulleres xuntas....e colocadas en orde.
Empezando pola esquerda: a miña tataravoa, a miña bisavoa, a miña avoa, a miña nai e eu.
Da bisavoa Isaura gardo algúns recordos, pero da tataravoa Hermesinda non, aínda que me teñen contado moitas cousas dela...non tivo unha vida moi doada pero, pese a todo...viviu 107 anos.
Agrosantiño, 1982.
Vanesa I.C.
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 30-01-2010 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
OS AVÓS DE FIÓS


Estes eran os meus avós: José e Jesusa. Vivían nunha pequena aldea de Parada de Sil chamada Fiós.
Traballaban no campo e saían en raras ocasións, só cando ían comprar ou cobrar.
Era moi normal que as mulleres andiveran de negro porque cando morría un familiar, pais, marido, tios…vestíanse de negro durante varios anos.



Loli Casares Prieto
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 26-01-2010 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
A EMIGRACIÓN

Corrían tempos difíciles. No meu pobo había moita xente na emigración. Uns levaban ós outros. Era típico que marchara o home e a muller quedara a cargo dos fillos. O meu pai (dereita) marchou a Francia no ano 1965. Eu lembro cando viña nos veráns e nos traía cousas que había alí: quesitos da “Vaca que ri”, chocolate, roupa…ademáis de falarnos da forma de vida, costumes etc.



Loli Casares Prieto

A foto foi sacada o 26 de marzo de 1965
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 26-01-2010 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
A MIÑA NAI


ESTA FOTO É DA MIÑA NAI QUE SE CHAMA ROSA. ERA MOI PEQUENIÑA, TIÑA MENOS DE 1 ANO. COMIA MOITO PORQUE ESTABA GORDIÑA.


DANI COCA GONZÁLEZ TEÑO 5 ANOS

ESCOLA DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 26-01-2010 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
A AVOA SIRA


ESTA É A MIÑA AVOA SIRA. TIÑA 6 ANOS, ESTABA XOGANDO CUNHA BONECA QUE LLE REGALARON EN REIS.
AROA LOSADA RODRIGUEZ. 5 ANOS

ESCOLA DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 26-01-2010 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
ALEGACIÓNS ÁS BASES DO NOVO DECRETO
Se premedes na ligazón da dereita (Queremos galego)podedes acceder a un texto proposto pola plataforma Queremos Galego para presentar alegacións ás bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo. Alí atoparedes tamén o enderezo para enviar esas alegacións.
Queremos Galego: alegacións
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2010 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player