MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Deixa que falen as nosas linguas libres cos nosos beixos.

Comentarios (0) - Categoría: Haikus - Publicado o 21-05-2013 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
O arco

Vía estas pedras cada día. Para min non eran máis ca iso: pedras, ruínas. Non sabía que eran nin canto tempo levaban alí.
Un día veu un home á escola que se chamaba Sobrado, do centro de estudos Chamoso Lamas, para darnos unha charla sobre a historia da nosa zona.
Puxo unha presentación de diapositivas chea de fotos de restos de todas as épocas. E tamén estaban esas pedras que eu vira tantas veces.
Explicou que estaban alí dese a Idade Media...
Eu alucinei e ao día seguinte levei unha fotos do arco á clase...
Pasamos diante de cousas importantes e nin nos damos conta.

Na páxina do concello de Maside podedes atopar a información dese arco, en Santa Comba de Trevoedo.
Se premedes aquí, accededes ao arquivo.

J.Benito Otero Por
tabales (adultos)


Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 20-05-2013 00:41
# Ligazón permanente a este artigo
Parque

Igrexa do centro de Maside.


Gústame coñecer lugares novos.
As paisaxes verdes transmítenme
Ledicia, tranquilidade e
Incluso podo divertirme coa natureza
Cos amigos e a familia. Momentos
Incribles paso en Galicia,
A nosa terra.

Amanda Martínez Peña 4º E.S.O
Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 20-05-2013 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
Vidal Bolaño
O vídeo da actividade que preparou un grupo de 2º da ESO para o Día das Letras Galegas, dedicado a Roberto Vidal Bolaño.
Fixeron unha adaptación das variacións 1 e 2 de Animaliños, de Vidal Bolaño.

Se queredes saber algo máis sobre Vidal Bolaño, recomendámosvos que visitedes a páxina que a Coordinadora Galega de ENDL elaborou. Alí recóllense actividades de todos os centros educativos galegos.

Para entrar no monográfico sobre Vidal Bolaño, preme aquí.

Comentarios (0) - Categoría: Alumnos/as - Publicado o 20-05-2013 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Paseo con Rayco

Paseo co meu can Rayco moitas veces por aquí. A el gústalle moito meterse na charca e eu vou para velo disfrutar na auga.
Desde a miña casa tardo uns cinco minutos en chegar a este lugar. O paseo é moi agradable, pero ao final sempre acabo coa roupa toda chea de lama, xa que Rayco non para. Pero paga a pena. Pasámolo ben os meus cans e eu.

Patricia (4º ESO)
Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 19-05-2013 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Fala de todo, sinte todo cos beizos. Ti es galeg@!

Comentarios (0) - Categoría: Haikus - Publicado o 19-05-2013 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
A Primavera

Esta imaxe divísoa dende o meu lugar de estudo. Transmíteme tranquilidade e moita paz.
No outono vou coa miña familia recoller castañas porque hai moitos castiñeiros. Alí pasamos moito tempo porque ese lugar é moi especial .
Está situada en Garabás, en Suirexe,a todos os que lles guste estar a gusto recoméndolles ir a ese lugar.

Nayara (1º ESO)
Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 19-05-2013 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Maside

Nesta paisaxe apreciamos a fermosura das zonas verdes de Maside. Vemos un lugar tranquilo e perfecto para pasear. Trátase dun bosque que hai preto da piscina municipal. O regato que vemos vai camiño dela.

No verán encántame pasear por aquí. Primeiro paseo ou ando en bici e despois báñome na piscina.

A verdade é que Maside é un lugar pequeño e silenciosos, do que a xente das cidades non ten idea, pero fotos coma esta demostran que é un lugar ideal.

María Álvarez, 3º ESO
Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 19-05-2013 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Alfonso Graña

Alfonso Graña, recoñecido no 1933 polo goberno peruano como Alfonso I Rei da Amazonia, naceu en Amiudal, (Avión) no 1870.
Na foto, seu curmán Marcial amósanos os restos da casa natal.
Emigrante a Iquitos, traballou como cauchero ata 1920. Entón, Graña adentrouse río arriba…

Da familia “Os Chulos”, alto, delgado, elegante, gafas redondas, aire intelectual.
Esa imaxe puido salvalo de morrer a mans dos xíbaros, chegando a suceder ó seu sogro, xefe da tribo.

Segundo Víctor de la Serna, “sóubose por indios xíbaros huambisas, que aló pola xigantesca greta que o Amazonas abre no Ande, vivía e mandaba un home branco”.

Cando no 1926 a Standard Oil quixo explotar os puzos do Alto Amazonas, tivo que pactar con Graña, quen evitou os ataques dos indios e lles suministrou víveres.

No 1933 un avión de combate peruano cae na selva. Morre o piloto, o mecánico resulta malferido. Graña e os indios levan ó ferido e o cadáver embalsamado polo temible río Pongo de Manseriche. Nunha semana chegan a Iquitos, onde o recibe unha multitude.

Aquel piloto era Alfredo Rodríguez Ballón, e o aeroporto de Arequipa leva o seu nome.

Alfonso Graña morreu na selva no 1934. Nunca se localizou o cadáver.


Celia Rodríguez Alonso (adultas)
Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 19-05-2013 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Que é isto?
As fotos que colgamos nesta categoría son traballos do alumnado de Secundaria para un concurso literario de haikus no mes das Letras Galegas.

Os haikus son composicións poéticas de orixe xaponesa. Teñen tres versos, de cinco, sete e cinco sílabas.

O noso alumnado debía respectar a medida dos versos e basearse no texto de Séchu Sende, "Guía sexual da Sociolingüística". Podedes ler o texto se premedes aquí.

Os textos podían escribirse en calquera soporte e había que tirar unha fotografía para enviar ao concurso.

Aínda quedan algunhas por colgar.

Entra e coméntanos as que máis che gusten.

Comentarios (0) - Categoría: Haikus - Publicado o 18-05-2013 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [48]
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player