MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Vídeopoemas
O curso pasado elaboramos fotohaikus.
Tivemos que crear os nosos propios haikus e logo tirar fotografías, recordades?
Este curso queremos atrevernos cos videopoemas.
Non parece fácil, pero algúns proxectos xa andan á volta das nosas cabezas.
O único requisito é que escollamos poesía escrita por mulleres galegas. Logo darémoslle a nosa forma.
O vídeo poema é unha forma contemporánea de poesía visual, que inclúe distintas interpretacións de fusión entre imaxe e texto literario. Trátase dunha forma do exercicio poético que se afasta do uso exclusivo do verbal como medio de expresión.
O vídeo poema busca a posta en movemento dos signos lingüísticos e a conxunción entre as posibilidades da palabra e as do formato audiovisual.
Se queredes saber sobre os videopoemas na Galiza, picade nesta ligazón


Deixámosvos agora algúns videopoemas de escritoras galegas:

Iolanda Gomis, Filha das acácias
Helena a escuras, María Rosendo.
Agora ti (sobre o poema “Insubmisión pour femme” de Chus Pato)

Todas as mulleres que fun, de Andrea Nunes Brións

Noite de ronda IV, Colectivo Violeta, Ourense. Fotógrafas ourensás e textos de Belém de Andrade
O deseño das mans, elaborado por alumnado a partir dun poema de Helena Vilar Janeiro

Comentarios (0) - Categoría: Poesía... e máis - Publicado o 09-02-2014 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Camiñada S. Amaro. Fotos de Anxo II

Esta é a segunda achega de Anxo para o concurso de fotografías da nosa camiñada. Hainas de ceos, de montañas, algunha de grupo e moitas, moitas de árbores.
Que vos parecen?

A min gústanme moito.

Grazas a Anxo Pérez Crispín, por deixarnos ver polos seus ollos.

Pica aquí para veres as fotografías.


Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 26-01-2014 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Os animais de Anxo

O día que fixemos a camiñada polo S. Amaro, algunhas persoas aproveitaron para tirar fotografías.
Faremos con elas un concurso.
Cando Anxo nos pasou as súas, reparamos en que había varias de animais. Así que resolvemos subir as súas fotografías distribuídas en dous grupos.
O primeiro é o dos animais.
Se picades nesta ligazón accederedes á páxina para velas.
Que vos parecen?
Precisamos a vosa opinión.
Grazas enormes a Anxo por pasarnos as fotos!!
Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 26-01-2014 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
Movimento
Recordades Aline Frazão? Do concerto do ano pasado?
pois acaba de editar o seu segundo disco. Chámase Movimento e é "mesmo bom".

"Tanto" é o primeiro sinxelo.
Deixámosvos un vídeo coa letra.

É tanta luz aqui que até parece claridade
É tanto amigo aqui que até parece que é verdade
É tanta coisa aqui que até parece não há custo
É tanta regra aqui que até parece um jogo justo
É tanto tempo aqui que até parece não há pressa
É tanta pressa aqui que até parece não há tempo
É tanto excesso aqui que até parece não há falta
É tanto muro aqui que até parece que é seguro

Tanto tanto
Na embriaguez de um canto
É tanto tanto faz
Que ninguém sabe quem fez
Mundo gira mundo
Mundo vagabundo
Não olhe senão vês

É tanto pausa aqui que até parece não há esquema
É tanta história aqui que até parece um problema
É tanta festa aqui que até parece sexta feira
É tanta dança aqui que até parece a das cadeiras
É tanto flash aqui que até parece que ilumina
É tanta frase aqui que até parece que resolve
É tanto ecrã aqui que até parece um grande evento
É tanta força aqui que até parece um movimento

É tanta coisa aqui que até parece não há custo
É tanta regra aqui que até parece um é jogo
É tanto excesso aqui que até parece não há falta
É tanto dano aqui que até parece ninguém nota

Tanto tanto
Na embriaguez de um canto
É tanto tanto faz
Que ninguém sabe quem fez
Mundo gira mundo
Mundo vagabundo
Não olhes se não vês



Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 16-06-2013 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
Cabaliño do demo

Ao final tivemos sorte co tempo.
E Rita andou un cacho cunha libélula no brazo. Unha libeliña ou cabalo do demo. Seica era unha cría. Díxome Rita.
Grazas por vir.

Aquí tedes as fotos.

Comentarios (0) - Categoría: Camiñadas - Publicado o 16-06-2013 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
García Mc e Lois Pereiro
Xenial o García e o seu EP.


Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 12-06-2013 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Camiñada de fin de curso

O ENDL do CPI Terras de Maside organiza unha camiñada para o día 16 de xuño (domingo). A andaina, duns once km, ten o seguinte percorrido:
Parque da Rañoa – Muíños do Lebre – S. Tomé de Maside Vello – A Touza – Laiantes de Arriba – Piñeiro – Laiantes de Abaixo – A Touza – Muíños do Lebre – Parque da Rañoa.
No noso itinerario aproveitaremos para visitar as igrexas de S. Tomé de Maside Vello(románica) e S. Xoán de Piñeiro (barroca), así como diversas mostras de arquitectura popular (muíños, hórreos, cruceiros, lavadoiros...).
É unha boa oportunidade para visitar a igrexa de S. Tomé de Maside Vello. Sempre está pechada e imos poder entrar o domingo.
Pódese consultar a ruta en Wikiloc premendo aquí.

RECOMENDACIÓNS ESPECIAIS
— É moi importante levar pantalóns longos, mangas longas e mesmo gafas, para protexerse de silvas e toxos, así como calzado axeitado para terreos de firme irregular e con posible presenza de auga.
— Varios tramos da ruta discorren por camiños moi pechados pola vexetación, o que dificulta bastante o avance. Prégase que os/as nenos/as de menor idade vaian acompañados/as dun adulto, porque precisarán axuda.

HORARIO
Sairemos ás 10:30h da Alameda de Maside. Desde alí iremos en coche ata o Parque da Rañoa, onde iniciaremos o percorrido a pé. Regresaremos para a hora do xantar á Rañoa; haberá auga, empanada e froita para aquelas persoas que queiran quedar a comer na área recreativa.

COMO INSCRIBIRSE?
Están convidados alumnado, familias, profesorado, membros da comunidade escolar e antigos alumnado e profesorado. Para apuntarse é necesario entregar no centro este impreso cuberto ou enviar un correo a mollatecoalingua@gmail.com, facendo constar os mesmos datos que aquí se especifican. A data límite, para calquera das dúas opcións, é o xoves día 13 de xuño.

— Nome do alumno/a, profesor/a, etc.:
— Curso:
— N.º de acompañantes:
— Dispoñen de coche?
— Quedan a comer?
— N.º de teléfono (é importante para poder poñernos en contacto no caso de que se produza algún cambio na actividade)

Hai algunhas fotos tiradas durante a preparación da actividade no wikiloc e na fotoblogoteca. Accédese premendo aquí.1
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2013 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Fai que o galego prenda, agrome e medre no eido vizoso

Este é o último haiku do noso concurso...
Ben lindo...
E cheo de esperanzas que colgan dunha cerdeira.
Comentarios (0) - Categoría: Haikus - Publicado o 03-06-2013 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Abril - xuño 2013
A letra miúda. Revista de sociolingüística para o ensino é unha publicación dixital que trata de facilitar a autoformación en aspectos de sociolingüística básica aplicada ao ensino.

Non busca ser unha publicación academicista, senón que ten vontade de cubrir necesidades formativas do profesorado, contribuíndo a capacitalo para a toma de decisións metodolóxicas, pedagóxicas e didácticas de maneira crítica e reflexiva e a axudarlle no deseño de modelos de intervención encamiñados á normalización do galego no ámbito educativo.


Que se pode atopar aquí?

A revista ofrece Artigos inéditos de cualificados especialistas nos que se tratan temas moi variados que van desde fundamentos teóricos sobre ensino de linguas ata experiencias educativas desenvolvidas en situación de contacto entre linguas. Achéganse tamén descricións e análises de modelos lingüísticos educativos e información significativa sobre a situación sociolingüística de Galicia e doutros territorios con linguas minorizadas.

Ademais conta cun apartado de Recomendacións no que se van ir recollendo artigos que se poden consultar na rede, recensións de publicacións básicas e ligazóns de interese, todo relacionado co ámbito que nos ocupa.

Podes acceder á publicación e subscribirte aquí.
Comentarios (0) - Categoría: A letra miúda - Publicado o 03-06-2013 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Labreg*s do tempo dos Sputniks

Temos concerto no Multifuncional do Carballiño o 30 de maio...

Así se presentan As Labregas (usamos o feminino xenérico, por certo) no seu FB:

“Música para espabilar conciencias.

Grupo guerrilla.

Rapeiro, punkeiro, enxebre e irmandiño.

Verdades coma puños e moita rebeldía".



O proxecto das Labregas nace no ano 2007, e estaba formado por Leo, coñecido polo seu proxecto persoal de Leo i Arremecághona; O García, coñecido por ser o MC do grupo Dios ke te crew e Vero, percusionista dos míticos Xenreira. Na recente actualidade, Lydia Botana substitúe a Vero na batería.

Aquí tedes tamén unha entrevista ao Leo na TVG, unha a Lydia no GZ Música e o paso de García o ano pasado polo noso cole para facer un obradoiro de RAP.


Deixámosvos no móllate versións grandes de grandes poetas como Celso Emilio Ferreiro (o nome do grupo é un verso do poeta de Celanova.
Aquí tedes O meu reinado, de Celso Emilio, e Estarei, de Lois Pereiro.

Tamén músicas convertidas en himnos de loita (como o Comandante Rebeldía); de Fuxan os Ventos, como esa magnífica Cantiga para unha Antroidada na porta do clausurado Panteón de Galegos Ilustres onde di o García “Pretenden borrarnos da historia, desprezándonos, humillándonos”...
Músicas que falan de nós e de revolucións e de portas pechadas de patróns fronte ás portas abertas do pobo traballador, como Un vento vén, de Xulio Formoso. Aquí tes o vídeo con Séchu Sende na manifestación de Galiza nom se Vende.

Poderiamos meter moitos, moitos vídeos. Das Labregas ou doutras formacións nas que andan envolvidos: DKTC, Leo i Arremecághona,
Investigade e escoitade.

Porque estes músicos están para que non nos borren. Para falar do que nos está pasando agora, como esa intención de converter Galiza nunha mina a ceo aberto. Destruíndo o noso territorio, queimándonos. Por iso tamén vos deixamos este vídeo onde Lydia Botana canta para pedir o noso apoio en contra da megaminaría selvaxe.
ESCOITADE BEN porque, como xa alguén dixo neste ano, "Posiblemente As Labregas sexan unha das revelacións musicais deste verán e, se non o son, deberían de selo.
Hai anos, algún atrevido deu ao punk por morto. Quen diría que unha rapaza na batería, un rapeiro e un cantautor ían negar esa sentenza de morte. 
As Labregas ao vivo son puro punk: música sinxela, enérxica, provocadora, poética, reivindicativa, necesaria, que fai espertar as conciencias e prende lume nos corazóns, así é a música das Labregas e así son as Labregas".

Música para as vosas conciencias.

PARA ESPERTAR AS CONCIENCIAS.
Comentarios (4) - Categoría: Música - Publicado o 30-05-2013 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [48]
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player