MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Videopoema
Elaborado por Andrea San Millán e María Álvarez no curso pasado.

Dun poema de Berta Dávila en Corpo baleiro, Espiral Maior, 2007.


Comentarios (0) - Categoría: Poesía... e máis - Publicado o 26-11-2014 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Pequenas certezas
A vida non se detén. Cando cremos alcanzala, convértese en pasado e escorrega
xogando entre as nosas mans coma un vento fresco que nos é imposible asir, atrapar,
deter. Pensamos que podemos convertela en recordos, eses que din, acompañarannos
sempre. Pero a memoria é tan fráxil. Así que inventamos máquinas sofisticadas para
poder alomenos, conxelala un instante: fotografámola.

E é que, necesitamos evidencias físicas que nos mostren que algunha vez fomos felices,
que algunha vez andamos en bicicleta sen mans, que algunha vez fomos bicados baixo
a chuvia. Unha proba que nos axude a nos recoñecer en todas esas persoas que fomos.
Que non nos permitan esquecer todos aqueles que amamos. E odiamos. Que nos
dean esa pequena certeza de que non todo foi un soño.

Pequenas certezas é unha viaxe, unha escala necesaria para seguir andando, un esforzo para moverse e non quedar varado ante o baleiro, ante non atoparnos a nós mesmos. Olga dío ben: “O corpo humano ten a capacidade -por natureza- de cubrir as súas funcións vitais aínda cando algúns dos seus órganos foran extirpados. Comprendes? Dalgún xeito o organismo enténdese, comunícase ou eu que sei, e se a vesícula, ou un ril, ou un ovario, ou as anxinas que é o máis común, fan falta, o impresionante deseño do noso sistema reaxústase e fai que os demais órganos asuman as súas funcións.
O que fai que por fóra un poida seguir camiñando por aí sen que ninguén note o
deterioro. Que marabilla, non? Aínda que claro, se che rompen o corazón, non hai quen
o substitúa e ademais nótaseche moito”.

Hai dez anos, Pequenas certezas foi ganadora do Premio Internacional María Teresa León 2004 para Autoras Dramáticas outorgado pola SGAE en España. Desde entón esta obra fixo as súas propias maletas e viaxou por moitos países, pero non é ata hoxe que pisa os palcos galegos grazas á mirada de Ánxeles Cuña Bóveda e ao empeño e entusiasmo de Sarabela Teatro.

A esta obra dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda, Pequenas certezas, de Bárbara Colio asistiremos o día 2 de decembro.

Aquí tedes dous vídeos e se premedes aquí, poderedes acceder ao seu dossier.




PEQUENAS CERTEZAS from fina calleja on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Eventos - Publicado o 25-11-2014 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
Mensaxes
Recollemos un vídeo elaborado por Trafegando Ronseis...

Grazas por o facer.

Visitade a páxina aquí

Comentarios (0) - Categoría: Muller - Publicado o 25-11-2014 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
O monstro
Material para traballar c@s máis pequen@s a violencia de xénero.

Para que non calen e para que nós escoitemos.

Comentarios (0) - Categoría: Muller - Publicado o 24-11-2014 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Novembro 2014
A revista Ollos de Aula está elaborada pola Coordinadora de ENDL e pensada especialmente para as familias de alumnado de Infantil e Primaria.

Nela podedes atopar interesantes artigos, recomendacións de lecturas e análises da realidade educativa actual.

Salientamos neste número o artigo dedicado ao Decreto de Plurilingüismo.

Se alguén está interesado en recibila no seu correo electrónico, pode subscribirse entrando na páxina da CGENDL.


Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara by cendl

Comentarios (0) - Categoría: Ollos de Aula - Publicado o 10-11-2014 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Begoña Caamaño
Morreu hoxe. Unha muller galega. Que escribía. E loitaba. E a nova encheu de tristeza a todas as mulleres galegas.

Ide á biblio buscala. A esa muller galega. E lédea.

Iso é o que hai que facer. Ler e loitar.

Un precioso artigo de Goretti Sanmartín en Sermos pode axudarnos a entender. O artigo está aquí.

A música é unha versión de Habelas hainas. O himno das mulleres. Levons-nous!

Arriba.




Comentarios (0) - Categoría: Muller - Publicado o 27-10-2014 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
No Samaín
O timbre de entrada nesta semana.
Do Brinca Vai, de Paco Nogueiras.
Aquí tedes a páxina web do disco.

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 27-10-2014 07:40
# Ligazón permanente a este artigo
Lydia Botana e o seu proxecto Bolboreta

Algo sobre Lydia Botana, “Bolboreta”:

Música multinstrumentista natural de Culleredo (A Coruña) que comezou estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña e obtivo o título profesional na especialidade de piano. Está titulada polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e a Educación Musical en decembro de 2011.

Cursou estudos durante a súa estancia no Conservatorio di Música Giovan Battista Martini en Bologna (Italia) cunha bolsa Erasmus xunto a Pier Paolo Scattolini e dirixiu o Coro Voci Bianche de la Fondazione Teatro Comunale di
Bologna que dirixe a mestra Silvia Rossi.
Realizou diversos cursos de formación coma Introdución á Rítmica Jacques-Dalcroze con Anne Allegre; Improvisación en el aula de Lenguaje Musical con Emilio Molina; Body music-Body percussion con Javier Romero; Tradiciones orales y creación en el aula con Polo Vallejo; Somos ritmo con Ramiroquai Tersse de Mayúmaná; Pedagogía musical activa con Jos Wuytack, etc.
En 2012 foi convidada a cursar estudos na LIPA (Liverpool Institute for Performing Arts) a universidade de Paul McCartney onde realizou unha Master Class sobre música moderna e actuou na mítica sala The Cavern.

Ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma esembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros. Leva máis de oito anos traballando coma profesora de música para escolas de infantil e primaria, en campamentos, obradoiros de creación musical para museos, asociación culturais...
Actualmente é a Xefa de Estudos da Escola Municipal de Música de Arteixo e imparte obradoiros sobre música en diversos centros educativos e escolas coma a Escuela de Música Creativa de Madrid e cursa o último curso do Grao Profesional na especialidade de percusión no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.
Publicou o seu estudo realizado sobre "A presenza dos xéneros musicais na educación musical da provincia da Coruña" no Congreso sobre Educación e Investigación Musical (Madrid) en marzo 2012.

Como instrumentista creou diversas bandas coas que xirou pola Península Ibérica, Italia e Canarias. Na actualidade lidera a banda Bolboreta, é a baterista e acordeonista no proxecto poético/hip hop chamado Labregos do Tempo dos Sputniks, pon voz na Banda Fura Fura e colabora con diversas bandas.

En solitario ten publicado o tema “Quen nos queima” no recompilatorio Lo peor de la rumba xunto con Manu Chao, Amparo Sánchez, La Pegatina, Che Sudaka... Produce cancións coma “Longas merendas” para o Xabarín Club e atópase gravando o que será o seu primer disco coma Bolboreta producido por Gambeat (Mano Negra/ Manu Chao).

Se queres acceder á súa web, preme aquí.


Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 20-10-2014 02:39
# Ligazón permanente a este artigo
De aquí para alá

Queres escoitar algunhas músicas do concerto “De aquí para alá” do venres?

Aquí che deixamos os vídeos e algúns arquivos de son.



En África, Abedé https://soundcloud.com/lydiabotana/abede-directo


O retrouso que se canta durante todo o concerto “ De aquí para alá”. Fíxate na coreografía.

DE AQUÍ
PARA ALÁ
DE AQUÍ
PARA ALÁ
IMOS VOANDO
A OUTRO LUGAR

DE AQUÍ
PARA ALÁ
DE AQUÍ
PARA ALÁ
IMOS VOANDO
A UN NOVO LUGAR



Se premes aquí poderás escoitar a música enteira.

Pasaremos por Australia e tamén polos Estados Unidos.

O JAZZ
Chick Corea acoustic e Bobby McFerrin, "Autumn Leaves" (Joseph Kosma)


e Queen!



e o Brasil.

GARÔTA DE IPANEMA (Tom Jobim, Vinicius de Moraes)
Olha que coisa mais linda, mais cheia
de graça
É ela a menina que vem e que passa
Num doce balanço caminho do mar.



E con unha batucada.



E a Cuba, cun son cubano

VAI VIAXANDO POLO MUNDO
VAI VAI VAI
APRENDENDO NOVOS RITMOS
VAI VAI VAI
NESTA ILLA NA QUE ESTAMOS
VAI VAI VAI
CANTANDO CO SON CUBANO
VAI VAI VAI
SON SON SON DE CUBA
SON SON SON

Con este ritmo.



A Xamaica, con Bob Marley



A relaxación, cunha cantiga de berce, de Brahms



Ou música oriental



Unha música dos Balcáns, para danzar

BUBAMARA- Goran Bregovic



E a GALIZA.
Co tren de Andrés Dobarro

PI PIPI PI PIPI PI PIPI PI PI
PI PIPI PI PIPI PI PIPI PI PI
LA LALALA LA LALALA LALA LALALA LA
LA LALALA LA LALALA LALA LALALA LA
O tren que me leva pola beira do Miño,
me leva e me leva polo meu camiño.
O tren vai andando pasiño a pasiño
e vaime levando cara o meu destiño.
Alguén pode ser que me espere na estación,
na terra da felicidad










Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 20-10-2014 02:24
# Ligazón permanente a este artigo
Outubro 2014
Podedes ver aquí a revista que edita a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización dirixida ás familias.

Se preferides descargala en PDF, premede aquí.


Comentarios (0) - Categoría: Ollos de Aula - Publicado o 14-10-2014 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player