MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Encontro de equipos e docentes pola normalización
A Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no Encontro de docentes e equipos pola normalización, que terá lugar o vindeiro sábado 12 de marzo no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Pódese consultar o programa se picas neste enderezo web
Esta xornada quere servir de espazo de encontro do grande colectivo dos profesionais do ensino que traballa pola normalización da lingua galega nos centros escolares e o seu contorno para seguir ampliando as posibilidades de colaboración co obxectivo de dotar o alumnado da plena competencia lingüística tal e como establece a lexislación. Ao longo da xuntanza teremos a posibilidade de compartir diferentes experiencias que se desenvolven en institutos e colexios por medio de encontros simultáneos que abordarán diferentes perspectivas do labor normalizador e dinamizador.
Dende esta conxunción de esforzos, o encontro quere achegar un discurso optimista que revirta na calidade do ensino para lle outorgar ao galego o lugar que lle corresponde de seu na sociedade, tarefa na que como profesionais do ensino temos a obriga de nos implicar de maneira activa.

A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo@coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2011 02:08
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player