MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os instrumentos musicais na tradición galega

Excelente web presentada esta semana polo Consello da Cultura Galega na que Pablo Carpintero pon á nosa disposición unha versión multimedia do traballo que se recolle no libro Os instrumentos musicais na tradición galega.
Accede á web picando aquí

Esta é a presentación que Pablo Carpintero fai do sitio:
“O web no que te achas contén información de distinta índole sobre os instrumentos musicais tradicionais galegos. Nela poderás achar unha descrición detallada de cada instrumento musical, os seus nomes tradicionais, a súa historia e tamén información sobre quen, cando, como e onde se tocaba, entre outras cousas. Tamén poderás ver fotografías e deseños dos instrumentos, realizados por Ramón Marín, así como un vídeo onde poderás ver como se toca e como soa cada instrumento musical.
Neste web tes varias seccións deseñadas para que o acceso á información che sexa máis doado:
Índice de instrumentos: aquí áchanse listados polo seu nome cada un dos máis de 150 instrumentos musicais documentados en Galicia, premendo nos nomes poderás acceder directamente á ficha de cada instrumento.
Os idiófonos: aquí tes todos aqueles instrumentos musicais nos que é o seu propio corpo ao vibra ro que produce os on (p.e.: un triángulo, unha pandeireta, unhas cunchas etc.)
Os membranófonos: aquí áchanse os instrumentos musicais que produce no son mercé a membranas tensas (p.e.: os tambores, os bombos, as zambombas, as caixas etc.)
Os aerófonos: nesta sección podes consultar aqueles instrumentos nos que é necesario soprar para obter o son (p.e.: as frautas, as gaitas, as gaitas de fol, etc.)
Os cordófonos: aquí atoparás instrumentos nos que o son é producido mercé a cordas tensas (p.e.: o violín, a zanfona, o rabel etc.)
Conxuntos instrumentais: contén información sobre como se xuntaban os diferentes instrumentos musicais para tocar en conxuntos.
Recursos: esta sección contén catro elementos de interese que che poden axudar a entender o que é un instrumento musical:
A introdución orixinal do libro, onde poderás ver cales foron as súas fontes, que se entende por música, e como se describirán os instrumentos musicais.
A clasificación técnica de Hornbostel e Sachs, onde fomos introducindo cada un dos nosos instrumentos musicais
A clasificación galega dos instrumentos musicais, unha interesante sección dedicada a descubrir, por métodos de antropoloxía cognitiva, que é a música para os galegos, así puidemos diferenciar entre o que era un xoguete, unha ferramenta e un verdadeiro instrumento musical.
A bibliografía que se empregou para escribir o traballo.”
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 29-01-2011 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player