MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A NOSA HISTORIA ...




Cando o outro día, despois de moito tempo, tiven esta foto nas mans, saíron á luz algúns recordos que tiña medio perdidos entre as brumas da memoria. Vinme outra vez aos meus oito anos, a principios dos sesenta, cando, de forma inesperada, uns amigos de miña nai nos visitaron na aldea. Emigrantes de vacacións, traían coche e tamén un máxico trebello que inmortalizaría nun papel aquel momento de encontro.

Mais non é tan só unha foto de amigos que se xuntan nunha tarde de verán, senón tamén o retrato dun tempo e dun país con permanente olor a pechado. Un país de cuartel e sancristía, de miseria e de silencio; ao que, en certa forma, a emigración aportaba un leve sopro de aire fresco. Un tempo e un país que se reflicte nas miradas: a dos meus avós, resignada e triste, aférrase ao chan de ásperas restrebas que abeira o camiño, porque cando o presente apreta o futuro non existe; a da miña nai, desesperadamente esperanzada, como non querendo darse por vencida, aínda que por veces se sentise case derrotada; e, por fin a nosa, a dos cativos, alegre, inocente e confiada, na procura dun ilusionante futuro perfecto, futuro que, pouco a pouco, se foi perdendo… no pasado.



M. V. Villanueva
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 12-01-2011 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player