MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GALEOKE. CANTA EN GALEGO

Podería ser un bo agasallo de Nadal, non vos parece?

Galiza é un país de artistas, iso é así. Non hai sobremesa, romaría ou festa de colegas que non remate entonando algún dos grandes éxitos da nosa música popular.
Que é o que faltaba? Facer diso un xogo. E nós non inventamos nada, claro que non, pero dímonos de conta (como todas e todos vós) de que coas ferramentas xa existentes non nos identificabamos en absoluto. Pero se nen sequera lle sabemos pronunciar ben o nome!
E de aí saiu a idea do Galeoke, da necesidade de encher un deses moitos ocos que aínda ten a nosa lingua.

A escolla do repertorio para este Vol. I non foi fácil. A lista de cancións podería ser case infinita, contamos na música galega cun nivel altísimo de creatividade en todos os estilos. Intentamos ter máis ou menos unha representación de todos eles, pero houbo moitas peneiras polas que pasar esa lista. A primeira, a importancia que para nós ten facerlle un sitiño no noso proxecto aos grupos que rexistran a súa obra baixo licenzas libres. Non por iso podiamos deixar de lado as cancións que forman parte da nosa historia ou que contan cun peso especial na cultura galega actual. E logo está iso de que unha melodía sexa “galeokable” ou non, que o choio este ten a súa ciencia.
Pero tranquilos, haberá polo menos un segundo volume, e un terceiro! (ou iso nos gustaría), e non quedará fora ningunha desas cancións que non vos explicades como é que non están.

Infórmate na ligazón de onde o podes atopar
LIGAZÓN AO GALEOKE
Comentarios (2) - Categoría: Música - Publicado o 21-12-2010 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
2 Comentario(s)
1 Acabo de probal#blgtk08#o e recoméndoo.
Comentario por Beatriz (04-01-2011 02:18)
2 Eu #blgtk08#xA
Comentario por Mauro (28-01-2011 15:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player