MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

BELÉN REGUEIRA FALA CLARO
Belén Regueira, da Coruña-Coruña, explícanos a súa relación co galego. Quince minutos que renden máis que sisudos tratados de sociolingüística.

Hai ben pouco unha alumna, educada en castelán, virouse para min e dixo: "eu non teño a CULPA" de que meus pais me falasen castelán.
CULPA? que é iso da culpa? (ás veces incluso "grandísima culpa").

Esquezamos a culpa e comecemos a falar de RESPONSABILIDADE. Co Traballo, coa Terra, coa Lingua.

Canto mellor coñezamos a realidade, máis fácil será sermos conscientes da importancia que ten asumir a nosa responsabilidade coa lingua. E a realidade está aí. É esa que vemos todos os días nas escolas, nos xulgados, nas notarías, nos bancos,...

Aínda que moitos nos queiran vender outra historia. Só hai que abrir os ollos e observar.

Dá que pensar que veñan conversadores de moi, moi lonxe a ensinarnos linguas moi, moi modernas e silenciemos os mellores conversadores do noso mundo: os nosos. Que aínda hai, mal que lles pese a algúns.
Aqueles que debiamos escoitar, aloumiñar, protexer de todo o que lles levan botando por riba para acabar con eles, son postos nun canto, no canto daqueles que non teñen dereitos.

Belén Regueira escoitounos e asumiu a súa responsabilidade.

Démoslle as grazas, moito ánimo e asumamos todos a parte que nos toca.

Beatriz Fernández


Charla-coloquio organizada polo colectivo A nave das ideas na Casa da Cultura de Vigo o 10 do nadal de 2010.

Neofalantes. Belén Regueira from Sr. Verme on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Opina sobre isto - Publicado o 17-12-2010 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player