MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Carta da Coordinadora de Mestres/as de Educación Infantil de Ourense
Estimados/as compañeiros/as:
Ante o inminente último intento, por agora, de retroceso da presenza do galego no ensino facemos a seguinte reflexión:
1º.- Onde van contabilizar os inmigrantes: senegaleses, marroquís, romaneses, portugueses, que deben responder? , descoñece a consellería a sociedade e os colexios galegos?
Sería necesaria a resposta outras ?
2º.- Cal é a lingua materna dun neno ou nena que escoita falar aos seus pais entre eles en galego,
que comparte horas e días cos avós e que ás veces se dirixen a el en castelán?, podemos pensar que
a súa lingua materna é o castelán?
Sería necesaria a resposta as dúas ?
3º.- Por que teima tanto a Consellería en escorar a resposta cara o castelán?
4º.- Teñen dereito os pais, nais e titores a coñecer a realidade das nosas aulas?, saben que se a lingua maioritaria é o castelán non terán ningunha competencia nin oral nin escrita en galego? Saben que se a lingua maioritaria é o galego acadarán competencia en galego e en castelán ? (aínda que superior en castelán)
5º.- Temos e teñen dereito pais e nais a pedir que os seus fillos e fillas sexan ignorantes na lingua propia do país? Teñen dereito a afastar aos seus fillos e fillas dunha lingua moi próxima (o portugués, a lingua dun país emerxente, o Brasil) con 240 millóns de falantes, a que sen apenas esforzo poden aprender? Saben que os emigrantes galegos acceden a postos en empresas por ter coñecemento de portugués, pasando por diante de outros que non o teñan?
6º.- Como se defenderá un neno/a de 6 anos que debe estudar Coñecemento do Medio e Lingua en
galego, se non tivo antes clases no noso idioma? Ou do que se trata é que se aborreza o galego
desde os primeiros cursos de primaria?
Por todo iso pensamos que non podemos quedarnos de brazos cruzados vendo como se trata de
quitarlle a unha xeración o dereito a coñecer unha parte fundamental de nós mesmos como é a
lingua.
En definitiva, podemos e debemos convocar os pais a unha reunión informativa , a que soemos
facer ou en xuño ou en setembro, pero que é máis efectiva en xuño, (pois hai aspectos como o da
roupa, zapatos, hábitos que non deberían esperar a uns poucos días de empezar o curso, senón que é
mellor conciencialos agora); e entón explicarlles as vantaxes do bilingüismo; bilingüismo é o máis
parecido a clases en galego, e clases en castelán supón saber só castelán. Témolo ben comprobado
nos colexios onde tivemos a oportunidade de dar as clases en galego, aínda que só fose durante tres
ou catro anos. Ter competencia nas dúas linguas só é posible se escollen o galego como “lingua
materna”.
Animámosvos a todos/as a que faledes cos pais e lle expliquedes as nosas experiencias, e os
motivedes de forma positiva a que pidan as clases en galego, e principalmente os que xa as tiñamos;
nós somos os que mellor sabemos que os nenos non perden ningunha competencia en castelán.
CMEI - MEDRAR EN GALEGO
Coordinadora provincial de mestres de Educación Infantil da provincia de Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-06-2010 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player