Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas. |
|
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense). |
|

|
Quen somos? |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
NOVA INICIATIVA: GalegoLab |
|
Xa está en marcha GalegoLab, unha plataforma para o impulso de accións concretas de promoción da lingua galega na que todas as persoas interesadas poden participar presentando ideas, valorando as das demais, transformándoas en proxectos, axudando a melloralas, colaborando no seu desenvolvemento, etc.
Organizar festas con música en galego; crear un grupo de lingüísticas que resolveran na rede dúbidas lingüísticas puntuais e urxentes; facer unha edición dixital de música en galego para practicar fitness; un concurso de vídeos no que se resuman as 24 horas dun ou dunha falante; etc.
Pinchadas da música, pero da boa ;-), Galego express: lingüista a domicilio, Galegogym ou 24 horas galego fullscreen son algunhas das propostas que se poden atopar xa no web de GalegoLab, e que todas as persoas que queiran poden xa valorar, comentar, transformar en proxectos, colaborar con recursos materiais ou económicos ou con tempo e ideas, etc. E se non che gusta ningunha destas propostas, pois podes facer a túa!
En GalegoLab podes dar ideas, botar unha man e colaborar en accións a prol do galego
Mais, que é isto de GalegoLab?
GalegoLab é unha organización sen fin de lucro que ten como obxectivo o impulso de accións concretas de promoción da lingua galega.
GalegoLab é unha nova forma de organizarse e de colaborar en proxectos que teñan por obxectivo a promoción da lingua galega.
GalegoLab baséase no crowdsourcing. E iso que vén sendo?
O crowdsourcing é a organización de grupos informais de xente para conseguir obxectivos reais e concretos.
A Wikipedia ou Linux son exemplos coñecidos de crowdsourcing, onde moitos e moitas se teñen xuntado para cooperar na medida das súas posibilidades, e de xeito electrónico.
Vale, pero eu, que podo facer?
En GalegoLab podes facer cinco cousas principais:
?Presentar ideas de accións concretas para a promoción da lingua galega
?Transformar ideas en proxectos
?Axudar a mellorar as ideas doutras usuarias
?Priorizar cos teus votos as propostas prioritarias
?Colaborar na realización de proxectos
Infórmate na ligazón á dereita |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|