MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nace EuFalo.TV, un espazo en internet onde a xente pode contar a súa historia co galego
O 26 de xaneiro, estreouse Eufalo.tv, un espazo en internet donde calquera persoa pode contar a súa historia co galego. EuFalo.TV recolle algunhas desas historias e deixa a porta aberta para que persoas anónimas, ou non tanto, manden as súas vivencias co medio de vídeo que teñan máis a man.
Eufalo.TV é un proxecto de documental colaborativo, que parte dun conxunto de producións de vídeo rodadas ao longo dos últimos meses, e distribuídas nunha web en función das súas temáticas: historias persoais de vivencias coa lingua, temas concretos (como a lingua na infancia ou a lingua no ámbito laboral), e tamén series documentais sobre zonas nas que ?tamén? se fala galego, como as zonas urbanas de Vigo ou da Coruña.Eufalo.TV é unha web participativa baseada no vídeo, pensada para que cada quen envíe a súa historia persoal coa lingua gravada con cámara, móbil e tamén con webcam.
A idea de EuFalo.TV, unha páxina web desenvolvida integramente en software libre, é de A navalla suíza, un equipo de comunicación en internet formado por María Yáñez, Óscar Otero, Álvaro Gómez, Berto Yáñez e Xabier Cid.
Noticia tirada de Xornal.com
Podes visitar a páxina de Eufalo.tv e enviar os teus propios vídeos. Para saber como, preme na ligazón de Eufalo.tv que atoparás abaixo á dereita.
Como participar en Eufalo.tv
Noticia no Xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2010 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0