MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Posicionamento do Claustro sobre as bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo
O Claustro do CPI de Maside, en relación ao texto que contén as bases para a elaboración do decreto do purilingüismo no ensino non universitario de Galicia, presentadas o 30 de decembro de 2009 quere manifestar o seguinte:

1. Supón unha agresión ao galego xa que resta os seus usos no ensino obviando: a realidade sociolingüística de Galicia, na que existen dúas linguas en clara desigualdade; a obriga do propio goberno, que incumpre así a legalidade tal e como argumenta a Real Academia Galega nos puntos 2 e 3 da Análise da RAG ; a opinión pública, que se ten manifestado de forma masiva en contra desta política lingüística e criterios pedagóxicos.

2. Restrinxe os usos do galego no ensino ao reducir a súa presenza ao 33% das materias en Primaria e ESO e supor a práctica desaparición do galego en Infantil.
A súa aplicación imposibilitaría, por tanto, que o alumnado acadase competencia activa en galego. É tamén a 1ª vez que as leis educativas establecen un máximo para o uso do galego

3. Esta restrición do uso do galego xustifícase nas Bases coa impartición dun terzo das materias en lingua(s) estranxeira(s), principalmente inglés. Á parte de non explicitar como se vai aplicar no curso 2010-2011, non contemplar o alumnado con necesidades educativas,? sobreenténdese desta medida que a sociedade galega debe sacrificar a lingua propia en favor dunha lingua universal.

4. A administración fai deixación das súas funcións ao establecer que a opinión das familias sobre en que lingua se deben impartir determinadas materias ou debe aprender o alumnado a ler sexa vinculante. Esta suposta ?liberdade? crearía ademais conflitos e claras desigualdades.

5. Estas Bases derrogan o Decreto 194/2007 do uso do galego no ensino sen que fosen avaliados os resultados da súa aplicación e xustifican esta decisión nos resultados da ?consulta ás familias sobre o uso das linguas no ensino?. O rexeitamento do Claustro deste centro a esta consulta foi unánime e argumentado nunha reunión extraordinaria realizada o día 17 de xuño de 2009 Alén diso, a promesa de derrogación do devandito decreto é anterior á realización da tal consulta.


6. Existen, ademais, outros aspectos nos que estas bases supoñen unha marxinalización para o galego: o uso do galego na administración queda supeditado a un uso voluntarista, o alumnado estranxeiro poderá solicitar a exención da cualificación na materia de lingua galega, pero non así na de castelán; as familias pasarán a formar parte dos EDL , pero non así doutros Departamentos, desaparece o termo de normalización en todo o texto,?

En conclusión, as bases para a elaboración deste decreto supoñen unha restrición do uso do galego no ensino xustificada na busca do plurilingüismo e na falsa liberdade das familias e supoñen, deste modo, unha agresión á nosa lingua que vén precisamente daqueles que teñen a obriga de protexela.

Por todo o anterior rexeitamos estas bases e esperamos que non se desoian as masivas críticas que leva suscitado e se corrixan as numerosas eivas do texto presentado o día 30 de decembro.
1(1) Análise da Real Academia Galega das Bases para o decreto do pluriligüismo no ensino non universitario de Galicia, 16 de xaneiro de 2010. ^
2(2) Nos anteriores textos legais establecíase un mínimo para o uso do galego. ^
3(3) Ver argumentación no punto 6 de Análise da Real Academia Galega das Bases para o decreto do pluriligüismo no ensino non universitario de Galicia, 16 de xaneiro de 2010. ^
4(4) Equipos de dinamización da lingua galega (denominados no anteriores decretos equipos de normalización e dinamización lingüística) ^
Análise da RAG sobre estas bases
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2010 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0