MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A NENA DO PARAUGAS
Concha L. F. – 1963 – Fotógrafo: Sr. Ramón

Tiña a penas 3 anos cando descubríu que súa irmá máis vella xa ía á escola e que, para iso, lle mercaran unha nova carteira e un paraugas. Eses obxectos parecéronlle os máis fermosos do mundo e, nun descoido de súa irmá, colleunos e con decisión, baixou as escaleiras da súa casa, informando a quen se cruzaba no se camiño: “Eu tamén vou á escola”.
Na súa inxenuidade, desexou ser grande, ter un espazo no mundo das persoas maiores, pero non calculou as consecuencias de tan ousado feito. A súa irmá nunca lle perdoaría que ela se fotografase cos seus máis prezados tesouros: a carteira e, sobre todo, o paraugas.
Pasaron os anos e a Nena do Paraugas xa é maior. Aínda vai á escola e está convencida de que, o día que perdamos a infancia, perderemos a mirada limpa e sincera coa que as crianzas ven o mundo.


Concha L.F. 1963
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 04-12-2009 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player