MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A BISAVOA AGUSTINA
Agustina Vazquez Armas e a súas fillas Josefa e Esther. Porto de Eguas 1935, aproximadamente

Con esta foto púxenlle cara á miña bisavoa materna Agustina, no centro da foto. Non sei moitas cousas dela. Á miña nai gustáballe ir durmir á súa casa de vez en cando, pero ao despertar moitas veces a Mamá Agustina xa se fora para o eido. Cando ocorría iso, nunca se esquecía de deixarlle o almorzo preparado ou a merenda se era pola sesta no verán. Se podía tamén lle poñía unha lambetada, que era algo tan sinxelo coma unhas galletas ou unhas noces, todo un luxo a mediados dos anos 40. Non sei se algunha vez lle fixeron á miña nai a pregunta de “a quen queres máis, Sarita, á avoa Luisa (coa que vivía) ou á Agustina?” Estou seguro da resposta, porque a avoa Luisa era capaz de comer a única laranxa que quedaba, cando a había, mentres a miña nai miraba e non entendía por que lle tiraba aquela pel branca, co rica que debía estar.


C. Fernández


Na foto, Agustina Vazquez Armas e a súas fillas Josefa e Esther. Porto de Eguas 1935, aproximadamente
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 01-12-2009 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player