MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Igrexa e Galileo
A vida de Galileo Galilei (Pisa, 1564 - Florencia, 1642) foi impresionante tanto polos seus descubrimentos como polos seus estudos sobre a caída dos corpos, entre outras cousas. Tamén polos seus inventos e o perfeccionamento doutros que non eran del, como é o caso do telescopio e do microscopio, os cales, aínda que eran inventos flamengos, perfeccionou engadindo lentes para aumentar a súa capacidade de visión.

A súa ambición non é algo de ocultar. Galileo preocupouse máis por gañar diñeiro a través dos seus aparellos que por intentar inventar cousas útiles para o avance científico.

Tamén me gustaría comentar o comportamento que tivo cara aos seus familiares, xa que, aínda que nunca os deixou de lado por completo, afastouse algo deles. Outro momento importante é cando humilla a Ludovico delle Colombe, que o cuestionaba. Destacable tamén é a crítica de Galileo ao reloxo para a navegación proposto por Kepler, xa que el di que é máis práctico fixarse nas lúas de Xúpiter. A pesar das diferencias que tivo con moitas persoas, foi un home de máis amigos ca inimigos.

Un comportamento que si é censurable é o do Papa Urbano VIII polo que lle fixo a Galileo sendo amigo del, ao deixarlle publicar un seu libro para posteriormente prohibilo e condenar a Galileo a cadea perpetua. Neste caso vese a importancia e poderío da Igrexa na época.

O papel da Igrexa inflúe nas decisións e mais nas formas de pensar de Galileo, como tamén na súa traxectoria científica e na súa vida social e familiar; estes dous últimos aspectos vense reflectidos cando Galileo interna as súas dúas fillas para que sirvan a Deus, facéndoas monxas case en contra da súa vontade.

Na biografía do inventor obsérvase a influencia da igrexa en dúas grandes ocasións. A primeira, polo medo que ten á Inquisición á hora de apoiar a Copérnico na idea do movemento terrestre e non do sol, cando recibe a noticia de que o científico Giordano Bruno fora queimado vivo en Roma por apoialo (a terra xa non é o centro do Universo, senón que está xirando arredor do sol). A segunda ocasión é cando o condenan a cadea perpetua polo seu libro Diálogos. Isto ten ocorrido así en numerosas ocasións tanto na vida de Galileo como en toda a historia.

Na miña opinión, se a Igrexa non tivese encadeado ou condenado os científicos en moitas ocasións innecesarias, os avances científicos e tecnolóxicos actuais estarían moito máis desenvolvidos.

Víctor Manuel Pérez Preciado (4º ESO A)
Comentarios (3) - Categoría: Alumnos/as - Publicado o 24-02-2008 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
3 Comentario(s)
1 Non está mal esa r#blgtk08#edacción, Víctor.
Comentario por Sabe deus (13-03-2008 12:15)
2 Veu o Carrabouxo ao noso colexio, contou moitos chistes e pasámolo moi ben. Eu quero que#blgtk08# veña outra vez, así pasámolo ben outra e podemos saír na tele.


Comentario por Espectador (13-03-2008 20:48)
3 E a igrexa aínda ten certa xente coma títeres...
Con t#blgtk08#odo, respeto as crenzas das demais persoas.
Un saúdo.
Comentario por Ana Rguez Glez (21-10-2012 15:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player