MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Non só Matemáticas
Hai unha páxina en Internet que pode ser do voso interese. A pesar do que aparentemente indica o enderezo, www.recursosmatematicos.com/galego, ofrece algo máis que recursos matemáticos.

Atopamos nela documentos e ligazóns a páxinas con contidos científicos: botánica, matemáticas, medicina, artes gráficas, etc. Pero tamén podemos acceder a outros sitios relacionados coa educación, a historia, a hostalaría, a xeografía, o dereito ou a vestimenta tradicional. Teñen en común que son en galego e de utilidade, tanto para o ámbito educativo como para o desempeño dunha actividade profesional.

Podemos conectarnos a sitios de software libre, a páxinas da Xunta, das Universidades galegas, permite utilizar e descargar tradutores, correctores e mesmo un sintetizador de voz a partir dun texto escrito, que, como pouco, é curioso.

Paga a pena dar unha volta por ela. A ver que vos parece.

Cándido Fernández
Accede desde aquí
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-01-2008 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
2 Comentario(s)
1 Como complemento desa páxina que recomenda o Cándido, aí vai un enderezo onde poderedes por a proba os vosos coñecementos sobre a nosa cultura. É a páxina da#blgtk08# ASPG e ten un Trivial galego divertidísimo no que poderedes competir en liña con outros participantes. http://www.as-pg.com/trivial.gz/ShowAuthentication.do
Comentario por ECF (29-01-2008 11:47)
2 ¡Eu voume meter nesa p#blgtk08#áxina en canto poida!
Comentario por Roberto (13-03-2008 12:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player