MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Lingua e novas tecnoloxías
"En galego, tes todo por dicir", reza un lema que vimos lendo e escoitando estes meses nos medios de comunicación. E é certo, pois a nosa lingua, aínda que de orixe tan antiga como o castelán ou o portugués, compañeiros de viaxe que, en troques, gozaron unha sorte descoñecida para o galego, viuse privada durante demasiado tempo (os Séculos Escuros, a longa noite de pedra do franquismo...) da normalidade de xerar textos, orais e escritos, referidos a calquera ámbito da vida pública e privada. Todos os anos que o galego leva ás súas costas non foron suficientes para encher este idioma de experiencias, de usos, de ese estatus de que o cremos merecente. Vella en historia, a lingua do país está aínda en cueiros en tantos outros aspectos...!

E, xa que temos todo por dicir, aproveitemos esta conxuntura para berralo alto, claro e -por que non?- coa maior corrección posible. A cultura do sms, do messenger, dos chats, etc. estanos acostumando a apreciar especialmente a economía lingüística, a rapidez na comunicación, a inmediatez. Non son menores estes valores, sen dúbida, pero debemos aprender a diferenciar cuidadosamente os distintos rexistros da lingua (formal vs. coloquial) e os contextos situacionais aos que mellor lles acaen aqueles: o que vale para unha mensaxe de móbil non parece que sexa sempre apropiado para unha entrevista de traballo ou unha intervención académica.

Así as cousas, animo a todos os usuarios deste blog, e especialmente aos que lle dan vida cos seus comentarios, a reflexionar sobre a calidade da lingua en que verten as súas opinións. Son realmente necesarias as abreviaturas do tipo "k" (no canto de que) ou "cd" (por cando) nun medio en que non temos limitacións de espazo e en que, ademais, non se factura por número de caracteres? Non son evitables boa parte das faltas ortográficas que acotío se cometen? Que foi das maiúsculas e dos signos de puntuación?

Pola miña banda, non teño maior problema en seguir corrixindo canto se reciba neste foro, pero aledaríame profundamente saber que alguén, do outro lado, comprende que a nosa particular aportación ao galego do futuro, ese galego que queremos posuidor do prestixio de que careceu noutrora, quizais comece por cuestións tan pequenas como o xeito de escribirmos nun blog. Como tantas outras veces, isto só é un símbolo; pero un símbolo revelador: o do noso compromiso.

Ana Rodríguez Barreiro
En galego, tes todo por dicir (1)
En galego, tes todo por dicir (2)
En galego, tes todo por dicir (3)
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2008 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
2 Comentario(s)
1 Tes toda a razón. Ademais coas novas tecnoloxías escibir con corrección é máis doado. Temos ao noso dispor toda unha serie de ferramentas que nos permiten #blgtk08#revisar, modificar ou corrixir un texto todas as veces que queiramos. Só se precisa premer unhas teclas... e ter a vontade de facelo ben. Un saúdo a todos.
Comentario por C. Fernández (23-01-2008 00:15)
2 Hai algunhas abreviaturas que dis están ben pero hai#blgtk08# outras que tamén te enredan como a
c e a z.
Comentario por (13-03-2008 11:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player