O 17 de decembro do 2007 os alumnos de 5º e 6º de Primaria, así como os da ESO, tivemos una charla da fiscal e do xuíz do Carballiño, Carmen e Luís.
Comenzaron dicíndonos onde viven e de seguido contáronnos en que consisten os seus traballos. Logo comentáronnos o que significa para eles o galego, que o coñeceron desde pequenos e que sempre o falan, tanto cando van comer cos amigos como no xulgado, se a xente coa que están fala galego. Tamén nos dixeron que o estrañaran moito cando estiveran fóra de Galiza e á hora de estudar as súas carreiras. Aseguráronnos que o tópico que di que os galegos somos uns paletos non é certo, e eu penso que teñen razón!! Porque nós temos dúas linguas, cousa que moitos non teñen.
Remataron a charla e tocounos a nós o turno de facer preguntas.
?Para que serve o mazo co que se peta na mesa??. O xuíz contestou que el non o tiña (ríndose) pero que servía para pór orde e mandar calar.
Tamén houbo preguntas serias que espertaron moito interese.
?Por que nos casos de malos tratos non se mete na cadea ó maltratador e se espera a que o home mate á muller??. A esta pregunta contestou a fiscal, dicindo que iso se debe a que en moitos casos a muller retira a denuncia ós poucos días porque non quere velo na cadea, disculpándoo porque só lle pegaba ?cando estaba borracho?.
Fixemos moitas preguntas de tódolos tipos e contestáronnos con moito interese e humor.
Ó remate da charla agasallámolos cun libro a cada un e con dous bicos.
Ana Expósito (3º ESO)