MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A xeito de presentación
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI de Maside. Nace coa vontade de converterse nun punto de encontro para todos aqueles membros da comunidade educativa (docentes, alumnos/as, pais/nais e persoal de administración e servizos) interesados dalgún xeito no pasado, presente e futuro da lingua galega. Agora amósasenos como unha páxina en branco, e convídanos a pensar, a escribir, a compartir, para ir enchendo de vida un proxecto que, por forza, ha de ser colectivo, aberto, integrador. Só nos pide unha cousa: traballar, descansar, estudar, xogar, cavilar, argallar, imaxinar, sentir, amar, vivir EN GALEGO. Porque a lingua, como os bicos, molla, e porque ogallá nos mollemos con ela, queremos que chova galego, que pinga a pinga nos empapemos do único idioma capaz de ditar unha historia única: a nosa.

Mil veces benvidos/as!

Ana Rodríguez Barreiro
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2007 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
6 Comentario(s)
1 Si, profe, moi ben.
Arriba o galego!!#blgtk08#!
Sintámonos galegos!
Biquiños
Comentario por Pachy (19-12-2007 16:15)
2 A estas alturas non chega con falalo, hai que defendelo, militalo, espallalo, convencer os amigos e amigas de que non se deixen levar pola corrente castelanizadora.
Os adultos temos moita responsabilidade nisto, pero os rapaces e rapazas novas ten#blgtk08#des que tomar conciencia de que sodes os adultos do futuro e que está nas vosas mans que dentro duns anos en Maside, no Lago, nas Neves, en Anllo... se fale en galego ou en castelán, inglés ou quen sabe que.
Unha aperta e pasade ben as vacacións.
Comentario por Cándido Fernández (20-12-2007 21:50)
3 Parabéns a tod@s @s que facedes posible este blog! É unha iniciativa estupenda para sementar entre os máis novos o interese por empregar a nosa lingua.
Son nativa de Maside e fun alumna dese colexio durante anos. Agora vivo e exerzo a miña profesión noutro l#blgtk08#ugar pero sigo con interese todo o que ocorre na vila.
Coma vós, tamén comenzamos a nosa andaina pola Blogosfera dende a biblioteca escolar do noso Centro, coa idea de ter un punto de encontro na rede con toda a comunidade educativa.

Saúdos.
Comentario por O recanto de Mik (05-01-2008 22:48)
4 Ola! Que tal, xente? Eu son 100% galega do mont#blgtk08#e e falo galego deseguido. Un abrazo, machotes.
Comentario por Vanesa Ríos Fernández (24-01-2008 10:07)
5 Ola, falade o galego.#blgtk08# /> ARRIBA O GALEGO!!!
Comentario por Adrián (24-01-2008 10:41)
6 De internet aprendín moitas cousas moi interesantes e aprendes moitas cousas que antes non sabías do galego, e #blgtk08#agora xa podes aprender, que sempre che ha interesar para o teu futuro, para que así o galego non desapareza.
Comentario por Laura e Raquel (16-05-2008 15:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player