MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Outono 2016

CAMIÑADA OUTONO 2016

O ENDL do CPI Terras de Maside organiza unha camiñada para o día 5 de novembro (sábado). A andaina, duns once km, ten o seguinte percorrido circular:
O Campo da Cruz - O Marco - Varille (cruceiro e miliario)- Partovia (reitoral)- Corval - Sona (aldea abandonada)- Porto de Eguas - O Marco - O Campo da Cruz (igrexa de Santa María de Grixoa e peto de ánimas).
O noso itinerario, que discorre por parte do Camiño dos Arrieiros, levaranos por determinados puntos de interese cultural (ver arriba) e paisaxístico.

Pódese consultar a ruta na seguinte ligazón de Wikiloc:
Preme aquí para acceder á ligazón.

RECOMENDACIÓNS
-É importante levar roupa cómoda e calzado axeitado para terreos de firme irregular e con posible presenza de auga.
-Unha parte da ruta discorre por camiños non asfaltados (sendas, corredoiras...), unhas veces limpos e outras, máis ou menos pechados pola vexetación. Prégase que os/as nenos/as de menor idade vaian acompañados/as dun adulto.
-A ruta ten pendentes dun certo grao de dificultade e, aproximadamente, catro horas de duración. Pregamos consulten o trazado na ligazón de wikiloc.

HORARIO
Sairemos ás 9:30 h da Alameda de Maside. Desde alí iremos en coches particulares ata o Campo da Cruz (Grixoa), onde iniciaremos o percorrido a pé. Regresaremos para a hora do xantar ao Campo da Cruz; haberá auga, empanada e froita para aquelas persoas que queiran quedar a comer.

COMO INSCRIBIRSE?
Están convidadas/os alumnado, familias, profesorado, membros da comunidade escolar e antigos alumnado e profesorado. Para apuntarse é necesario entregar no centro este impreso cuberto ou enviar un correo a mollatecoalingua@gmail.com, facendo constar os mesmos datos que aquí se especifican. A data límite, para calquera das dúas opcións, é o venres día 4 de novembro.
Os/as menores de idade que acudan á camiñada sen os seus pais / titores legais precisan autorización previa destes, o modelo da cal se facilita ao alumnado no colexio.



(Cortar e entregar no centro)
-----------------------------------------------

— Nome do alumno/a, profesor/a, etc.:
— Curso (no caso do alumnado):
— N.º de acompañantes:
— Dispoñen de coche?
— Quedan a comer?
— N.º de teléfono (é importante para poder poñernos en contacto se se producise algún cambio na actividade):
Comentarios (0) - Categoría: Camiñadas - Publicado o 02-11-2016 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player