Colgamos hoxe unha canción do disco Brinca Vai, de Paco Nogueiras.
Podedes atopar información na páxina Música en galego sobre o disco de Paco Nogueiras se premedes aquí.
Tamén podedes entrar nesta páxina do proxecto con moito material interesante e á que podes enviar os teus vídeos. Entre outras cousas, atoparedes as partituras dalgunhas músicas. Se queredes a de ?O meu mundo é? premede aquí.
Deixamos a letra e máis abaixo dous vídeos.
?Meu o mundo é?
Paco Nogueiras Nodar, Brinca Vai
Que bonito poder dicir:
que fermoso sae o sol
esta mañán para ti.
Que bonito poder sentir
a ledicia, a morriña,
escachar a rir!
Que bonito poder falar
con agarimo a un amigo,
dar un bico á túa nai.
Que festeiro aturuxar,
cando danzas na punteira
e un gaiteiro está a tocar.
En galego falo,
en galego sinto,
en galego canto.
Sabes que non minto!
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo,
MEU O MUNDO É!
(...)
Que fachenda poder viaxar
en carrilana, e despois
unha feira visitar.
Que bonito o respirar
o recendo dunha xesta,
escoitar o mar!
Que sorte poder contar
teño dedas, teño unllas,
teño dúas mans!
Que bonito poder xogar,
ver voar un papaventos,
abanéome nun bambán.
En galego falo
(...)
Vídeo da canle Cancións en Galego (cancións en galego con karaoke):
Vídeo na páxina de kalandraka, gravado en Pontevedra: