A música para peques comezou a semana pasada cun tema de Estamos no verán, de Xoán Curiel.
Esta semana e a que vén entraremos á primeira hora da mañá con outra música, "Todos somos capitáns", de Magín Blanco, que podedes atopar no libro disco A nena e o grilo nun barquiño. Aquí tedes unha crítica na páxina de GZ Música.
Tedes o libro-disco na biblioteca.
Deixámosvos a letra e dous vídeos, un en lingua de signos e outro con ideogramas.
Tamén vos deixamos unha suxestión: pasar a letra a feminino...
Todas somos capitás...
E deseñar as capitás para eses pictogramas do segundo vídeo.
TODOS SOMOS CAPITÁNS (Magín Blanco)
Imos á procura dun soño,
faremos lúas de papel,
levamos a choiva nos ollos,
o mellor aínda está de ser.
Imos á procura dun soño,
tentarémolo conseguir,
a maxia está do noso lado
e levarémola xunto a ti.
Todos somos capitáns
compañeiros de lugar,
ti sorrís coma nós
porque somos coma vós.
Imos á procura dun soño,
por lonxe que pareza estar,
nadaremos cos golfiños
polas ondas do teu mar.
Imos á procura dun soño,
pecha os ollos e verás,
hai estrelas e camiños
que sempre nos guiarán.
Todos somos capitáns
compañeiros de lugar,
ti sorrís coma nós
porque somos coma vós...
Imos á procura dun soño,
faremos lúas de papel,
levamos a choiva nos ollos,
o mellor aínda está de ser.
Todos somos capitáns
compañeiros de lugar,
ti sorrís coma nós
porque somos coma vós...
Magín Blanco: Voz
María Faltri: coros
Jerry Noia: guitarras
Serginho Sales: piano
Segundo Grandío: baixo
Isaac Palacín: batería
Nenos cantores da capela madrigalista de Ourense
En lingua de signos, na canle de Fol Música.
Con ideogramas, elaborado polo CEIP Anxo da Garda da Coruña